21 de marzo de 2017
21.03.2017

A campaña provincial para estender o uso da lingua propia no comercio comeza no Morrazo

29.03.2017 | 19:52
Representantes da Deputación, Fecimo e a Fegape.

A campaña "Vender en galego", impulsada pola Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) e financiada pola Deputación mediante a liña de dinamización do idioma propio de Galicia, presentouse esta mañá aos comerciantes do Morrazo. Os impulsores desta campaña para extender a lingua propia no eido do comercio e a industria elixiron a sede da federación de comerciantes do Morrazo, Fecimo, para a primeira presentación dun programa que pretende impulsar a concienciación nas empresas e comercio local para que dean o paso de etiquetar os produtos en galego. Unha parte destacada da campaña é o espazo web www.venderengalego.gal, que pretende poner á disposición das empresas ferramentas online como tradutores, cursos de galego, dicionarios ou software.

O secretario xeral da Fegape, David Sobral, explicou a elección de Fecimo para dar o primeiro paso dentro desta iniciativa "pois é coñecido o seu traballo na defensa do galego". Apuntou que a campaña "Vender en galego" pretende concienciar aos empresarios sobre as oportunidades e vantaxes que xera este idioma tanto á hora de diferenciar os produtos nun mercado cada vez máis uniformado como á hora de acadar un valor competitivo como é a exportación aos países da lusofonía. Desde Fegape lembran que a comunicación no idioma propio é capital para abrir mercados tanto en Portugal como en países de distintos continentes como os emerxentes Brasil ou Angola, pasando pola cidade chinesa de Macau. Neste sentido, destacaron a importancia que ten o etiquetado en galego á hora de proporcionar valor engadido aos produtos de alimentación.

Dende o organismo provincial, o deputado Xosé Leal, anunciou que esta campaña se extenderá no tempo co obxectivo de converter o galego en "lingua vehicular do comercio e promover que nos identifique no mercado". Sinalou ademais que con estas iniciativas a Deputación pretende axudar a que o galego "estea presente en todos os ámbitos da nosa vida, que é a maneira de que sexa útil para a sociedade".

O presidente de Fecimo, Xosé Bangueses, sinalou que para esta federación o uso do idioma nunca foi unha cuestión a debate, "senón algo natural", e explicou que dende o ano 2000 puxeron en marcha distintas campañas para potenciar a lingua propia tanto a nivel comercial como cultural.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

El Bueu Atlético, a blindar su feudo

El Bueu Atlético, a blindar su feudo

Los de Irene Vilaboa reciben al Porriño en busca de su segunda victoria consecutiva

El Alondras persigue la sorpresa en Oviedo

El Alondras persigue la sorpresa en Oviedo

"No es un partido sencillo pero hemos de encontrar sensaciones", afirma Rodríguez

El Bueu Atlético busca ante el Porriño su segundo triunfo

El Bueu Atlético busca ante el Porriño su segundo triunfo

El equipo de Irene Vilaboa aspira a firmar un buen inicio de campaña

Pillo: "En O Gatañal no especulamos"

Pillo: "En O Gatañal no especulamos"

El técnico del Frigoríficos afirma que "este es el mejor año para sorprender al Logroño"

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine