Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Crónicas do Teatro no Morrazo

O teatro en Cangas 1975-1985 (XI)

Ancoradouro aposta por dar "un paso adiante" nas súas montaxes para fuxir da nimiedade

Mónica Camaño e Pili Rial nunha representación de "Maní".// Arquivo de Vázquez Pintor

Sobre "Marcapasos" comentaban no programa de man que era unha montaxe atrevida dentro das súas posibilidades. Dicían tamén que no tempo que levaban de comunicación a traveso de distintos lugares de referencia, botaban de menos, en Galiza, un público maioritario e afeito a ver. Velaí, escribían, o seu atrevemento: fuxir da nimiedade ou das anécdotas menos transcendentes de cada día. Neste caso apostaron por tentar "un paso adiante", aínda que eran conscientes de todas as súas limitacións. A peza foi estreada en Cangas o 2 de marzo de 1985.

O guión está composto por varios "sketches": "Axexo"; con música de Beethoven e efectos especiais. "Cárcere"; con música de Mendelsshon (XIX) e Berlioz. "Mínimos": con música de Antonio Soler. "Regreso", con música de Albinoni e efectos especiais. "A Silla"; con música de Haydn. "Evolución", con música de Bedirich Smetana efectos especiais. "Remate"; efectos especiais e música de Haydn e Banda de Guláns.

Actores: Mónica Caamaño Fandiño, María Tereixa Martínez Pousa, Pilar Rial Rodas, Sara Rodríguez Fernández. Autoría guións, dirección e montaxe: Xosé Vázquez Pintor.

Despois de "Retallos" Mónica Camaño e Pili Rial irán recollendo elementos de outros espectáculos adaptados para elas.

En "Quelquellequer" o tema era a relacións de parella e o paso das idades. Con esta obra aparece o cambio de vestiario: camisa, pantalóns, garabatas?elementos que axudaban a marcar a personaxe.

"Maní" é unha interpretación histórica, en pantomima, sobre a colonización de América. O título reponde a un relato maia de Eduardo Galeano, no seu libro "Memorias del fuego". Foi un espectáculo que cunha visón crítica cadrou cos festexos do V Centenario?

Actrices: Mónica Camaño Fandiño e Pili Rial Rodas. Maqueta: Manolo Coia (Fillo) Dirección: Xosé Vázquez Pintor. Foi, en opinión de Mónica Camaño, un espectáculo de maduración no mimo.

"A fraga encantada". Teatro de Sombras para a Xente Miúda. Esta peza breve da que reproducimos os primeiros diálogos, conta con seis personaxes e resultou finalista do Premio de Teatro Infantil O Facho en 1981. Foi publicada pola Xunta de Galicia en 1987 a través da Consellería de Cultura e de Benestar Social. Esta edición incluía ilustracións feitas por nenas e nenos de oito e nove anos: Noa Frías Nores, Cibrán Ríos Entenza, Pablo Avilés Diz e Serxio Calo Novas. "A fraga encantada" volveu ser publicada novamente en 2004 na moi estimable colección "A pinguela.Teatro Teatro Escolar para ler e representar" da Editorial Fervenza.

Un texto recomendable para nenas e nenos de 6 a 9 anos. Obra de fantasía conta con seis personaxes A Curuxa, Sapoconcho, Xigantón, A Lúa, Árbore, A Voz do vento e o Sol. Estes personaxes foron representados por Estrela e Mari (Curuxa) Chus, Pili e Nuria (Sapoconcho) Xurxo (Xigantón) Mónica (Lúa) Teresa e Reis (Sol) Reis (Árbore) e Xurxo (Vento). O texto é de X. Vázquez Pintor. Nesta obra Ancoradouro experimenta co teatro de sombras. Trátase dun espectáculo infantil no que os personaxes que representan as sombras tamén existen en carne e óso, son os propios actores e actrices que durante a función comparten cos espectadores.

Compartir el artículo

stats