O Manoel : (Sentándose e poñéndose serio) Rapaza, sei que che dou moito traballo na casa.

A Carme: Non, o contrario.

O Manoel: Seino, non disimules. E porque o sei certo, dígocho. Un vello é sempre unha carga.

A Carme: Pra min non é carga ningunha, e asegúrolle que pro seu fillo tampouco.

O Manoel: Pro nesta casa non sodes o meu fillo mais ti, hai máis xente.

A Carme: A señora ten ese xenio que logo lle pasa.

O Manoel: Perdino cáseque todo na vida: a muller, os mellores anos, as ganas de vivir, e agora, o que é peor, a miña aldea, a miña parroquia.

A Carme: Vigo, anque é unha cidade, tamén é galega. A xente que vive eiquí non é de fora.

O Manoel: Nono sei.

A Carme: Seino eu.

O Manoel: Aínda así , a xente nono é todo. Ti sabes que pasará en Reádegos cando eu i outros poucos que aínda quedan esteamos dando herba? Sábelo?

A Carme: Pois?nono sei.

O Manoel: Eu si, seino e podo decircho. A parroquia está desfeita, as casas, as veigas,todo morto como nos. E sabes o que farán os de Vigo, Ourense, A Cruña, Santiago e mais e mais? Nada. Seguirán enchendo a andorga.

A Carme: E de onde virán as patacas, o pan, as verdura, o leite?

O Manoel: De fora.

A Carme: Non pode ser así. Vostede está de coña conmigo. Eu son unha da aldea e sei que eiquí vívese ben, se cadra mellor, pro cando teña algo de aforros, o meu sitio é alá.

[Seguimos a ortografía do autor no libreto orixinal da peza]