A Federación de asociacións de nais e pais (ANPA) de centros públicos de Cangas "A Gameliña" celebra este sábado, de 9.30 a 13.30 horas, unha xornada formativa no salón de plenos do Concello. Tratarase a renovación de cargos da xunta directiva, a modificación dos estatutos, un código ético das xuntas directivas e os dereitos e deberes das familias. Os destinatarios son nais e pais das Anpa dos centros de ensino e as inscricións hai que facelas, ata mañá como data tope, a través do enderezo electrónico federanpas.cangas @gmail.com ou enviando unha mensaxe ao número de teléfono 686 466 572. Os organizadores animan a participar desta actividade e implicarse na defensa dos dereitos dos fillos en idade escolar e das súas familias.