A Asociación de Viticultores San Martiño de Bueu quixo onte render un homenaxe a un dos impulsores da Festa do Tinta Femia, o veciño Evencio Parada Malvido e xa finado. A organización organizou un acto de tributo a título póstumo e entregou un recordo aos seus familiares, nun dos momentos máis emotivos da festa.

Onte actuaron no recinto do Eirado de Cela o grupo Recordos da Nosa Terra e Retrouso de Cela e as actuacións e actos continúan hoxe, no peche da festa. Ás 13.00 horas está previsto un concerto coa Coral Polifónica de Cela, mentras que pola tarde (ás 17.00 h) vaise celebrar un sorteo dunha caixa de viño tinta femia de Cela. O último acto será ás 19.00 horas coa homenaxe aos colleiteiros participantes, que este ano foron os seguintes: Eugenio Gil, Carmen Pastoriza, Laura Freire, Encarnación Otero, José Antonio Dopazo, Carmen Cerqueiro, Manuel Novo, Manuel Freire, Olivia Durán, Manuel Fazanes e Benito Cerviño.