Rinoceronte Editora incorpora dous novos títulos ao seu catálogo

Trátase de "Festa no xardín" e "Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña"

11.02.2016 | 03:03

A editorial canguesa Rinoceronte vén de incorporar dous novos títulos as súas coleccións e que se publicarán mañá. Estes novos volumes son "Festa no xardín", que é unha colección de "agudos relatos modernistas" da escritora Katherine Masnfield (1888-1923) e considerada como a autora neocelandesa máis internacional, e "Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña". Este libro é un relato en prosa que está directamente vencellado coa literatura cabaleiresca e na materia de Bretaña. Neste caso cóntase a historia de Ponto, fillo rei de Galiza, tras a toma da Coruña polos musulmáns e a morte do rei Tiber. O mozo naufraga diante da costa bretona, onde é acollido polo rei. Alí námorase da sua filla Sidonia e, tras varias desventuras, reconquistará o seu país e casará con Sidonia para convertirse no rei dos galegos e dos bretóns. O texto orixinal do francés foi traducido ao galego por Henrique Harguindey.

O libro de Katherine Mansfield, que morreu de maneira prematura debido a unha tuberculose, edítase dentro da Colección Clásica [a traducción corresponde a Estela Villar], mentras que "Historia do nobre Ponto" inclúese na Colección Vétera de Rinoceronte Editora.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine