Seguidores de Podemos celebran dúas asembleas á mesma hora, hoxe

O sector "oficial" cita ás bases no Canis Lupus, e Círculo Podemos-Mar, no hotel Jucamar

30.01.2016 | 02:30

O Círculo Podemos Cangas ten convocadas ás bases para as sete desta tarde no bar Canis Lupus, da rúa Ferrol, cunha orde do día que inclúe a lectura e aprobación, se procede, da acta anterior, a benvida aos novos compañeiros e compañeiras, accións a levar a cabo de agora en diante e propostas de organización. A cita coincide con outra convocada por Círculo Podemos Mar-Cangas no hotel Jucamar, que denuncia "a manipulación" que está realizando un sector ao que acusa de "alterar o orde do día" da asemblea aberta na que se debería nomear un portavoz local. Xustifican a celebración paralela "para non alimentar manipulacións e enfrontamentos, sempre provocados pola mesma persoa". Adiantan que porán a portavocía a disposición da asemblea "no momento en que se resolvan os problemas internos".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine