| Os Bolechas regresaron onte a Cangas co seu espectáculo de "Os Bolechas e a máquina do tempo", que tivo lugar no Auditorio. A súa presenza fixo as delicias dos máis pequenos, que deste modo tiveron a oportunidade de achergarse dunha maneira distinta á historia de Galicia. Este espectáculo forma parte da programación navideña do Concello de Cangas e o seu regreso ao municipio foi posible grazas a colaboración da Diputación de Pontevedra. Hoxe, a partir das 18.00 horas e tamén no Auditorio, será o turno do musical "Carrapuchiña vermella".