"Vestidos con pincel, cosidos con agulla". Éste é o singular título da exposición que inauguro onte na Casa da Cultura de Cangas: trátase dun percorrido polo traxe tradicional galego ao través das obras pictóricas dalgúns dos máis importantes pintores galegos, como Fernando Álvarez de Sotomayor, Carlos Sobrino, Suárez Castro, Román Navarro ou incluso o propio Castelao.

Estes fondos proceden da colección do Museo de Pontevedra a grazas a estes cadros pode observarse a historia e a volución do traxe tradicional galego, que dende a súa orixe experimentou numerosos cambiso para adaptarse aos gustos e necesidades de cada época. Aínda así, a vestimenta dos séculos XVIII e XIX permanece como "o arquetipo máis doadamente indentificable a primeira vista", explican dede a organización da exposición.

O acto inaugural contou con representantes do Concello de Cangas; o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal; e o comisario da mostra, que é José Luis Rodríguez, a súa vez presidente da Asociación Cultural de Gaiteiros Os de Algures. El encargouse de facer un pequeno percorrido guiado pola mostra para explicar a historia do traxe tradicional, os tecidos cos que se confeccinaba cada peza, as prendas que o conformaban en cada tempo, os tipos de bordados, o calzado, as xoias e os complementos. "É importante difundir e fomentar a nosa identidade, así como coñecer as expresións da nosa cultura e dos códigos que conforman as nosas tradicións como sociedade", manifestou durante a súa intervención Xosé Leal.

Esta exposición inclúe actividades paralelas, como un obradoiro de adobíos de bordado ao aire, que se vai celebrar en dúas sesións: unha hoxe venres de 19.00 a 21.00 horas e outra o vindeiro venres 6 de novembro, no mesmo horario.