Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Notas sociolóxicas da época

En 1975, o salario mínimo anual andaba polos 750 euros (60 euros/mes) e o paro só lle afectaba ao 2% da poboación activa. Tres de cada catro casas xa tiñan frigorífico e un de cada tres cidadáns coche. Entre as mulleres estaba de moda o cabelo solto, liso e cortado a capas, usándose cores moi chamativas na maquillaxe, a xogo coa cor da roupa e pestanas cargadas de rímel. O perruqueiro de moda era Llongueras, que difundía o que el chamaba forma xeométrica-asimétrica. A xuventude mostraba o seu contarponto ideolóxico no xeito de vestir, lucindo pantalóns de pata de elefante, sandalias con cuña, monos con cinto ou garavatas moi anchas. Outras prendas típicas desta época foron as trencas, os tabardos de pel volta, as enaguas tipo Ibiza e a moda folk ou hippy con vestidos floreados ou estampados xeométricos. Nos complementos femininos non faltaban as botas altas con tacón fino, os bolsos tipo barra con fruncidos e as gafas grandes. A moda masculina era cada vez máis ousada e presentábase con cores vivas, traxes entallados e uso da pana e do punto. No vocabulario xuvenil da época predominaban términos comobocata, cubata, demasié ou mola.

Ainda que a radio ía xa cedéndolle espazo á televisión, os culebróns radiofónicos Simplemente María (400 capítulos), Lucecita ou Patty Corazón batían records de audiencia. Ainda que a orografía galega retardou a chegada da televisión (só había duas canles) e os aparellos eran moi caros, a audiencia concentrábase nos bares para seguir o Directísimo de Íñigo, El hombre y la Tierra, de Félix Rodríguez de la Fuente ou Barrio Sésamo, que con Epi e Blas ou a ra Gustavo convertéronse en ídolos do público infantil. En literatura arrasaban bestseller traducidos ao castelán como Los perros de la guerra ou El Exorcista pero tamén trunfaban os autores do chamado bum latinoamericano con obras de Neruda e García Márquez. E neste periodo de apertura tamén habían ter o seu oco obras como Nuevas técnicas sexuales de Dubois e Caballero. En España, Alberti retornaba con éxito en poesía e o escritor favorito era o emerxente Francisco Umbral. Na prensa do corazón abundaba a jet set de Marbella e Mónaco e os matadores de touros e as suas vodas. Os xornais máis importantes ainda eran os do Réxime editados en Madrid como El Alcázar, ABC, El Pueblo, Ya, Informaciones, Arriba... e na periferia os máis vendidos eran La Vanguardia, Diario Vasco, Faro de Vigo e algúns outros.

En música, o tema Un ramito de violetas, interpretado por Cecilia, marcaría época e os reis da canción do verán eran o grupo Desmadre 75 que arrasaba con "Saca el güisqui, cheli" e Georgie Dann con "Bailemos el Bimbó". Este ano foi o da consolidadció do chamado "flamenco pop" con Paco de Lucía, Ketama ou José el Francés. Raphael, con programa propio na TVE e Julio Iglesias (neste ano nacería o seu fillo Enrique) seguían trunfando cada vez que sacaban novo disco. O cine americano impactaba con películas como O coloso en chamas, Aeroporto 75, O Gran Gastby, Belle de jour ou Cowboy de medianoite e no español, sobrancearía Furtivos de José Luis Borau que foi considerado o mellor do ano. Contodo, o cine de maior consumo do momento era a comedia erótica, destacando Nadiuska ou Ornella Mutti como grandes estrelas. No teatro trunfaba "Sé infiel y no mires con quién" e o musical "Jesucristo Superstar", protagonizado por Camilo Sesto.

Nos deportes destacaba Manuel Orantes como mellor tenista, Ángel Nieto seguía imbatible en motociclismo e Perurena e Oliva eran os campións de ciclismo. En futbol, o Barça con Cruyff na plantilla, gañaría a liga despois de catorce anos, o Atlético de Madrid gañaría a Copa Intercontinental e o Real Madrid a Copa do Generalísimo. Cruyff, Amancio, Santillana, Camacho, Pirri e Juanito eran os futbolistas máis destacados e gañaban como moito ao ano uns 120.000 euros (20 millóns de pts.)

(*)Historiador e mestre de Cangas

Compartir el artículo

stats