Histórico combate de boxeo en Cangas (I)

No salón Vicente Nogueira, ubicado no Forte, facíanse veladas coa presenza do púxil cangués José Carmelino

18.05.2013 | 00:00
O carballés Arturo Sánchez "Sombrita". // Archivo Xerardo Dasairas
O carballés Arturo Sánchez "Sombrita". // Archivo Xerardo Dasairas

A difusión e popularización de innúmeras artes marciais, através dos medios e dos ximnasios, levou a moitas persoas á práctica dos deportes chamados de contacto. Semellaba que o clásico boxeo tiña os días contados, mais na provincia de Pontevedra está a vivir actualmente un rexurdimento, reflectido nas duascentas licenzas existentes en modalidades olímpicas. Todos pensabamos que o único boxeador coñecido do Morrazo fora Xil Rios, mais un combate celebrado en Cangas o 18 de marzo de 1928, descúbrenos xa a presenza dun púxil cangués chamado José Carmelino.

Ainda que en Galicia, o boxeo tivo en épocas pasadas, un certo predicamento, o certo é que o noso país non produciría moitas figuras destacadas nesta disciplina. Os máis notables representantes do actual boxeo galego son o vigués Iván Pozo que alcanzou o campionato europeo na categoría de peso mosca e o coruñés Jesús Ferreiro, o de España en semipesados. Como destacado no boxeo histórico, figura o púxil de Vilaxoán, Felipe Rodríguez, alias "Pantera Rodríguez", que combatía na categoría dos pesos pesados e que unha vez retirado, fíxose máis coñecido polas suas intervencións na TVG. - anos antes, durante o periodo franquista, pola depapeuración existente na posguerra, o boxeo, moi promovido polos valores do réxime, foi refuxio de moitos mozos que vían nel un xeito de mellorar socialmente en fama e cartos como foi o caso do carballés Arturo Sánchez Montero "Sombrita" nos anos cincuenta e sesenta ou Benito Canal (A Merca - Ourense) de gran renome en Euskadi.

Mais temos que remontarnos ainda a outra época en que Galicia sufría a lacra da emigración masiva a América coa cortina de fondo da primeira gran guerra europea (1914-1918). Neste contexto aparecerían dous boxeadores que farían historia: un deles, formado como boxeador de éxito no Brasil, foi o peso medio Ángel García Sobral, máis coñecido como "O León de Xeve", quen ademáis de trunfar naquel país tamén combatería en Vigo e Madrid. O segundo gran púxil galego destes tempos e do que falaremos máis adiante, foi o peso pesado mugardés, Andrés Balsa Antón, bautizado pola prensa da época como o "Hércules galaico" ou o "Bulldog galego". A sua fama empezaría como loitador en América, en combates semellantes ao que hoxe lle chaman "restling", trunfando en moitos países latinoamericanos e en Estados Unidos. Despois de rematada a primeira guerra europea, retornaría a Galicia, celebrando combates en Ferrol, Madrid, Barcelona e Liverpool. Logo pasaríase ao boxeo profesional e despois dalgúns éxitos a sua estrela comezaría a fenecer no ano 1926, ano en que se incorpora ao Celta de Vigo como preparador físico primeiro e logo adestrador... Mais aquí, tampouco tería grandes éxitos. Nos anos da República, o boxeo galego seguiría a aportar púxiles ao boxeo nacional, sobranceando figuras como o peso pesado Paulino Brito, Edelmiro Otero "Cañoto", Segundo Bastos, Ángel Bamio e "Gurri", todos de Vigo; Castor Calvo de Pontevedra; Sobral II de Xeve; Isidro de Ourense e José Carmelino de Cangas que loitaban en lixeiros, semipesados ou welter segundo as suas circunstancias persoais. A presenza destes boxeadores era frecuente no Jai-Alai ou no Price madrileños, en Vigo no Tamberlick, no Jofre do Ferrol e en esporádicos combates que se celebraban nas localidades de orixe dalgúns dos púxiles para promocionalos. Nestes rings circunstanciais, adoitaban aparecer boxeadores con alias como "Drácula", "Puño de Hierro"ou "La Pantera de Sabugo", sobrenomes anglo-españois como Kid Moreno, Raúl Rod ou anglófonos totais como o catalán Jim Terry ou Jack Raimond que en realidade se chamaba Avelino. Porén, nos grandes combates desta época, quen adoitaban levar as bolsas máis grandes eran os púxiles extranxeiros dos pesos pesados como o cubano Kid Tunero, ainda que o famoso e mítico boxeador vasco, Paulino Uzcudum, faríalle sombra durante anos a moitas figuras internacionais da sua categoría.

(*) Profesor e veciño de Cangas

Noticias relacionadas


Deportes Morrazo

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

El Moaña de Miguel Fernández se presenta ante su afición - Solo repiten 5 jugadores

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El club organiza el viernes el cuarto torneo Basket na Rúa 3x3, en la alameda

El nuevo Alondras quiere empezar con victoria

El nuevo Alondras quiere empezar con victoria

Con una plantilla totalmente renovada, los cangueses reciben esta tarde al Noia

A la ilusión a través del trabajo

A la ilusión a través del trabajo

- Los discursos en la presentación del Alondras se centraron en la importancia de la humildad - El...

El Alondras revoluciona la plantilla

El Alondras revoluciona la plantilla

Solo cuatro jugadores de la pasada campaña continúan en el proyecto de Antonio Fernández

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine