A historia da familia Matos e da Casa do Fuxón, en Tirán

Esta familia foi probablemente a máis importante da freguesía moañesa durante o século XIX e principios do XX

31.03.2013 | 09:20
Panteón do Fuxón, no adro parroquial de Tirán, e que foi mandado construír en 1867 pola familia Matos. // Xosé C. Villaverde
Panteón do Fuxón, no adro parroquial de Tirán, e que foi mandado construír en 1867 pola familia Matos. // Xosé C. Villaverde

A parroquia moañesa de Tirán abre hoxe as súas populares festas na honra da Virxe dos Remedios. As cinco e media da tarde sairá a procesión dende a igrexa parroquial e na que se trasladará a imaxe da virxe ata a capela situada no alto do monte dos Remedios, no que son os prolegómenos do día grande das festas. Aproveitando esta data, os veciños de Moaña Manuel Uxío García Barreiro e Gerardo Gaio achegan este artigo sobre unha das familias sobranceiras da parroquia de Tirán: os Matos. Un dos seus membros, Eduardo Matos, é probablemente o veciño moañés que máis condecoracións recibiu.

Como todos os anos, por estas datas, vaise honrar a Nosa Señora dos Remedios no interior e arredores da capela mandada construír en 1540, no cumio do castro dos Remedios, polo daquela capelán de San Xoán de Tirán, D. Rui Fernández de Bon, co obxecto de santificar un antigo santuario galaico-romano vencellado á saúde. Festas tan tradicionais, invitan a familiares e amigos de Tirán, e das parroquias veciñas, a parolar sobre os máis diversos temas entre os que sobresaen as lembranzas dos devanceiros que, ao longo do tempo, contribuíron a engrandecer unha freguesía que ten como eixo a igrexa románica de San Xoán, erguida no século XIII.

Aínda que, na actualidade, case ningún deles oíu falar da familia dos Matos, no século XIX e comezos do XX, era a que máis popularidade tiña nesa freguesía pois, no ano 1816, a dona da Casa e Granxa do Fuxón, dona Francisca Antonia de Santos Vello Romay, casou con don Prudencio Matos Troncoso quen, no 1820, cando comezaba o trienio liberal, foi alcalde dun novo concello formado polas parroquias de Coiro e Tirán.

Na Casa do Fuxón naceron os seguintes fillos do matrimonio: Eugenio Vicente Matos, que chegou a ser, na metade do século, alcalde do termo municipal de Meira, onde se encadraban as mesmas parroquias que na actualidade constitúen o concello de Moaña, e deputado provincial; Eduardo, que exerceu varios postos políticos, como se vai sinalar de seguida; e Modesta que pasou a residir en Cangas, logo de casar na igrexa de Tirán, con don Manuel Ventura Sequeiros, xuíz e alcalde da vila. Ambos os dous foron pais de Eugenio Sequeiros Matos, alcalde de Moaña entre 1892 e 1898 e médico municipal.

Ademais de dedicarse á política, os Matos non descoidaban o cultivo da citada granxa do Fuxón a cal, segundo reflicte o Catastro do Marqués de la Ensenada de 1752, tiña unha superficie de 51, 1/4 ferrados (24.190 m2), nin a administración das rendas forais doutros terreos do rico patrimonio que posuían, vinculado dende o século XVII, que herdou na súa integridade o primoxénito, Eugenio.

Eduardo Matos, estudou a carreira de avogado e logo de rematala, pasou a residir en Pontevedra onde, segundo publicou o diario local, o 23 de marzo de 1898, un día despois do seu pasamento nesa cidade: "Entregado a la política activa en esta capital desde los primeros años en que empezó a ejercer su profesión de abogado, ha ocupado nuestro querido amigo los más elevados puestos provinciales, desde Concejal y Alcalde del Ayuntamiento de Pontevedra, hasta Presidente de la Diputación y Gobernador civil de la provincia".

No libro "Historia de Cangas 1900-1936", seus autores Iago Santos e Antonio Nores describen o acoso e derruba contra os conservadores que practicou o progresista Eduardo Matos durante o bienio 1881-83 no que foi gobernador civil; salientando tamén que: "As súas prácticas son moi caciquís, e deixou precisamente sona de cacique para a posterioridade".

Debe terse en conta, cando se trata do caciquismo, que este era práctica habitual nos gobernos da restauración borbónica. Opinaba tamén o citado diario pontevedrés que: "Su bufete fue uno de los más favorecidos sino el más, su vida ha sido siempre modestísima y con todo eso, el Sr. Matos muere con aquello que sus padres le legaron".

Logo, nun recadro insire a súa necrolóxica; nela, ademais de subliñar os cargos que ostentara en vida describe, deste xeito, as condecoracións que lle concederon: Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica, Caballero de la de Carlos III, Jefe superior ordinario de Administración civil.

A citada necrolóxica, remata do xeito seguinte: "Por disposición del finado, su cadáver será trasladado en la madrugada de mañana al cementerio de Tirán, en el Ayuntamiento de Moaña, donde existe el panteón de la familia".

O citado panteón familiar, erguido no adro da igrexa, debeuse inaugurar en 1867 no intre en que depositaron nel as cinzas da nai do defunto, recollidas na capela maior do templo, e as do pai, procedentes do cemiterio, segundo reflicte o libro de mortos parroquial. Anos despois, en 1888, enterraron alí ao primoxénito Eugenio Matos e no 1901 ao seu único fillo, Cándido Matos. Na actualidade, non se conserva inscrición algunha relacionada con esta importantísima familia, aínda que están epigrafíados varios descendentes, como os Torriente orixinarios de Cantabria e os Carvajal de Vigo, herdeiros de Eugenio e Cándido Matos, ademais dos Castroviejo, vencellados cos sucesores de Modesta Matos.

Magoa que co paso do tempo queden no esquecemento persoeiros tan importantes como don Eduardo Matos, que quizais fora a persoa nacida no concello de Moaña que máis poder político acumulou e ao que se lle outorgaron as meirandes condecoracións estatais.

*Veciños de Moaña

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Raquel Veganzones: ´El circo ya está en las calles, no solo en las carpas´

Raquel Veganzones: ´El circo ya está en las calles, no solo en las carpas´

Circo y teatro se mezclan en una obra que llega hoy a los Xardíns do Sinal

Peligro: bolardo destrozacoches

Peligro: bolardo destrozacoches

Portos recupera la pilona de la lonja de Cangas y la desactiva tras empotrarse otros dos vehículos

1860, la emigración a América (III)

1860, la emigración a América (III)

Largas travesías en incómodos veleros y familares que nunca regresaron

Deportes Morrazo

Otra zancada de Solange Pereira hacia Río

Otra zancada de Solange Pereira hacia Río

La canguesa firmó en Barcelona un registro de 4.08:29, nuevo récord gallego absoluto y a un...

Tirán, a afinar su puesta a punto

Tirán, a afinar su puesta a punto

Los moañeses quieren confirmar en Astillero las buenas sensaciones de su debut

Martín Riobó gana en Pobladura de las regueras y ya acaricia el título

Martín Riobó gana en Pobladura de las regueras y ya acaricia el título

El deportista del Moto Club Trial Aldán Martín Riobó se adjudicó la victoria en Pobladura de las...

Tocando el cielo

Tocando el cielo

Marina Oliveras, récord de España de salto freestyle, busca el triunfo en el Nacional

El Frigoríficos negocia con Milosevic

El Frigoríficos negocia con Milosevic

El club cangués está cerca de cerrar el fichaje del lateral izquierdo del Borac Banja Luka

 
Enlaces recomendados: Premios Cine