"Esta obra é unha reivindicación á figura de Bernardino". Deste xeito definía Héitor Mera o seu traballo Bernardino, mariñeiro do verbo, unha readaptación da súa tese doutoral que se presentou onte nun acto que tivo lugar na libraría-café Rinoceronte.

No libro, publicado pola editorial canguesa Morgante, o autor analiza a vida e obra de Graña, "un dos autores máis importantes tanto para Cangas coma para Galicia pero do que non hai moito escrito", afirma, feito polo que a súa pretende ser "una obra de referencia".

O acto coincide coa celebración do 80 aniversario de Bernardino, que se atopa en A Coruña. O discurso creativo de Graña, característico polos ataques ao capital e polo que algúns o cualificaban de tolo, vese actualizado coas circunstancias actuais, feito polo que o autor se converteu na actualidade en todo "un sabio", sentencia Mera.