Onte pola noite foi xornada de aeróbic na pavillón do instituto de Rodeira, donde se reúnen máis dunha vintena de mulleres asociadas ao colectivo, que repiten actividade cada martes e xoves. Pero hai outras alternativas para darlle movemento ao corpo, como son os ritmos latinos (martes e xoves pola tarde, no ximnasio Atlantic); ximnasia de mantemento (no pavillón de Romarigo, polas mañás, previa solicitude); danza do ventre (os martes, de mañá e tarde, no ximnasio Gym California); tai-chi (os mércores pola noite no ximnasio Nazaret) ou bailes de salón, que se practican os venres no mesmo lugar.

Para as que se apuntan á tradición teatral de Cangas e do Morrazo está pendente a formación dun grupo e o reparto de horarios, para o que se pode consultar e apuntar poñéndose en contacto coa asociación, ben a través do teléfono 651 913 889 ou no enderezo electrónico amascasacangas@terra.es.

Outras habilidades

As manualidades teñen o seu espazo para o colectivo, que se reserva os venres de seis a oito da tarde na Casa de Oficios para practicar traballos de pintura en tea, seda, madeira e cristal; labores con ácido e grabado en vidro; tiffany e imitación; repuxado en prata e estaño; falso esmalte e tridimensional; así como abaloiros. Ás que optan pola rama téxtil tampouco lles faltan oportunidades. A mesma Casa de Oficios acolle os luns pola tarde o cursos de lencería do fogar, no que se traballa con edredóns, cortiñas, estores, patchword e todo tipo de bordados. E as que buscan solucións prácticas para a confección de roupa de bebé ou neno/a, no mesmo local contan con esa alternativa, todos os días de luns a xoves. E para a confección de roupa de señora, os martes e mércores a última hora da tarde, a partires do mes de novembro.

Actividades tradicionais e artesanais como o encaixe de boliños tampouco escapan á programación da Asociación de Amas de Casa de Cangas, que reservan para esta actividade os venres de 18:00 a 20:00 horas; e para os obradoiros de tiffany, os venres de catro a seis da tarde na Casa de Oficios. Semellante despregue de actividades deixa claro que quen non sae da casa é porque non quere, xa que abondan al alternativas. Ademais, ofrecen unha oportunidade para socializarse, saír da rutina cotiá e darse un agarimo cos praceres do corpo e a mente.