Clara Millán González - Alcaldesa de Cangas

"Ou Mariano Abalo cambia de actitude ou deixará de formar parte deste goberno"

A rexedora advirte que Cangas non pode seguir "en estado de excepción" por mor dun grupo "moi minoritario"

 09:05  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
A alcaldesa, onte, pasando xunto ao cruceiro de Síngulis.
A alcaldesa, onte, pasando xunto ao cruceiro de Síngulis.  C. Giménez

G.M.P. - CANGAS Está a vivir un dos momentos máis complicados desde que hai dous anos foi investida alcaldesa cos votos do seu grupo, o BNG, máis os do PSOE e ACE. Cos socialistas tivo os principais desencontros na primeira etapa, e mesmo se chegou a poñer en dúbida a continuidade do pacto suscrito, pero o reinicio das obras no porto deportivo de Massó supuxo un cambio de rumbo, estreitou os lazos entre nacionalistas e socialistas e convertiu a ACE no enimigo común. No ecuador do mandato, a continuidade do goberno volve a estar en entredito por mor dos posicionamentos sobre o conflicto.

–O peche obrigado que sofriu no consistorio despois da reunión coa confraría e a promotora do porto deportivo de Massó, ven a confirmar que a imaxe de Cangas segue ligada á conflictividade?


–Non se poden negar episodios de conflictividade social cando hai só 24 horas estabamos varias persoas secuestradas no Concello, entre elas a alcaldesa. Pero tampouco que o responsable desta imaxe de conflictividade é un grupo moi minoritario empeñado en someter a este pobo nun estado de excepción. Como máxima responsable municipal prodúceme preocupación, porque a gran maioría quere a paz social que uns poucos pretenden truncar, e vive o día a día con normalidade. Cangas é un pobo acolledor e un destino idóneo para as vacacións.

–O proxecto de Marina Atlántica é agora o cabalo de batalla. ¿Que pode e debe facer vostede para poñer fin ao conflicto, máis aínda cando varios miles de persoas rexeitaron o proxecto cunha manifestación, entre elas membros da súa propia formación política?

–Para min ese tema rematou. Fixen todo o que estivo nas miñas mans. Desde a oposición, presentando alegacións e dirixíndome á Autoridade Portuaria, e como alcaldesa, esixindo o rescate da concesión á Autoridade Portuaria e buscando saídas dialogadas á situación. Sigo estando a disposición das partes implicadas para que sigan falando e poidan chegar a acordos. Con respecto da manifestación, síntome representada polos compañeiros que acudiron, pero tamén teño claro que unha porcentaxe importante da poboación de Cangas quere que ese porto se constrúa, e eu débome a todos os veciños. Iso si, dos que non o queren, só unha inmensa minoría practica o acoso diario á alcaldesa e á institución municipal, e hai que tomar medidas para que deixen de facelo.

–¿E cal é o camiño?


–O primeiro paso debe ser o cambio claro de actitude do grupo de concelleiros que o respalda [en alusión a ACE], se queren seguir formando parte deste goberno. Pode parecer unha decisión espontánea, pero son reflexiva e penso nas consecuencias. O que estou plantexando firmemente é que, ou se remata con este acoso por parte de concelleiros do propio goberno, ou tomarei medidas contundentes.

–¿Quere decir que está disposta a quitarlle as atribucións aos edís de Alternativa Canguesa de Esquerdas?

–A alternativa pasa por prescindir de un concelleiro do equipo de goberno [en alusión a Mariano Abalo]. Estes días será convocado e vou poñerllo ben claro: ou cambia de actitude ou se prescinde del. Con máis motivo cando o departamento de Urbanismo está abandonado e ducias de veciños acuden á Alcaldía para manifestar queixas. A situación non é a máis desexable, e así non se pode seguir.

–Abalo ten a súa representatividade social, que leva exercendo máis de tres décadas, e con protagonismo en distintos momentos...

–Ninguén di o contrario. Pero neste goberno, se Abalo modificou a vida política de Cangas foi nos últimos meses, e por unha cuestión e un método moi particular. Non pode seguir neste barco así, e del depende se quere seguir ou apearse.

–Repróchalle que non dea todos os pasos necesarios para cumprir o pacto de goberno sobre as instalacións náuticas do Salgueirón.

–Repito que fixen todo o que estaba nas miñas mans, e agora deberán ser outros os interlocutores: a confraría, a empresa e, sobre todo, a Autoridade Portuaria, que foi a que outorgou a concesión e a que ten competencias para rescatala. Ao contrario do que queren algúns, a partires de agora voume a ocupar e centrarme nas necesidades de Cangas, como veño facendo en dous anos de goberno, donde se lograron equipamentos como galescolas, o pavillón do Hío, o local de ensaios de Cimadevila, o novo colexio de Castrillón, a ampliación do de A Rúa, a reforma da Casa da Cultura, da Casa da Música, a mellora do alumeado... Repito, non vou permitir que un grupo minoritario de persoas distorsionen a realidade de Cangas e o traballo realizado. Non vou cambiar de opinión polo acoso, os insultos e as amenazas dun grupo minoritario e, coa lei na man.

–Din os seus detractores que Cangas se está gobernando desde fóra, en referencia explícita, entre outros, á Autoridade Portuaria.


–Desde Punta Rodeira ata Punta Couso é certo que hai unha franxa costeira que se goberna desde fóra de Cangas, pero non é ningún segredo porque hai varias zonas que son competencia doutras administracións: Costas, Xunta, Autoridade Portuaria... Pasa en Cangas e en calquera municipio costeiro, e se fora noso, desde logo, habería outra ordenación moi diferente. Non estarían as parroquias sementadas de galpóns, e a primeira liña urbana non estaría deseñada así, con eses departamentos para os mariñeiros, esa marquesiña de autobús, a nave de deportes náuticos ou a nova lonxa, que pechan cada vez máis Cangas ao mar, algo que rexeitan a maioría dos cidadáns. Pero eu só podo ordenar donde teño competencias, e o futuro de Massó está en mans de Corina Porro, non nas miñas. O demais é demagoxia.

–¿Non considera representativo que milleiros de cidadáns saian a rúa para rexeitar a proposta para O Salgueirón? .


–Respeto aos manifestantes, sexan ducias, centenares ou milleiros. A última foi moito máis concurrida ca primeira porque foi convocada pola confraría, e non por outros. E é certo que acudiu xente de Cangas e tamén moita de fóra, e todos son representativos e merecen respeto. Tamén os que non foron, porque a outra lectura é que, se 5.000 cangueses acudiron, outros 20.000 quedaron na casa. Sexa como sexa, este problema non se soluciona con manifestacións, e menos ainda insultando e amenazando a diario no Concello, como fan uns poucos, contra a alcaldesa co obxectivo de pasarlle ao BNG facturas do pasado.

–Tamén reprochan a "ocupación" do pobo pola Garda Civil e o recurso á forza.

–Bueno, nun mitin de algunha organización política ese tipo de mensaxe pode calar, pero para unha cidadanía madura como a nosa o argumento semella algo pueril e máis ben froito dunha confusión mental.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009