Nunha data tan simbólica coma o Día do Libro a Deputación presentou unha das súas estrelas culturais do ano: María Victoria Moreno A Escena! O programa chegará a todos os concellos de menos de 50.000 habitantes, nos que se presentarán seis espectáculos: Leonardo e os fontaneiros, de Ubú Teatro (Forcarei, 4 de maio, e Rodeiro, 1 de xuño); Anagnórise, de Limiar Teatro (Vila de Cruces, 9 de xuño); Mar Adiante, de Odaiko (Agolada e A Estrada, 28 e 30 de setembro); Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos, de Matrioshka Teatro Culturactiva (Lalín, 9 de novembro); Romance de cans, de Seisdedos (Silleda, 24 de xuño, e Cerdedo-Cotobade, 24 de xullo); e Unha historia de amor, de Polo Correo do Vento (Dozón, 30 de maio).

Son en todos os casos aproximacións á vida e á obra da pontevedresa de adopción María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, ben sexa levando á escea seus textos, versionándoos para monicreques, aportandolles música, etc. O Arquivo Provincial acolleu onte o acto de presentación deste novo programa co que a institución provincial tenta democratizar o acceso á cultura, "que calquera viva onde viva poda acceder ao teatro de calidade", suliñou o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, ao que acomparon na estrea representantes de distintas compañías galegas que levarán adiante o ciclo, caso de Viravolta Títeres e Odaiko.

No caso de Matrioshka Teatro, para o seu Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos pensaron en María Victoria "como figura referencial para o seu alumnado, ela sempre preferiu a docencia por enriba do seu traballo de escritora -sinala Laura Conde-, ademais dunha comemoración, unha celebración da vida e da obra, e tamén das figuras que son referente... María Victoria fixo que moitos de nós foramos mellores persoas". Nesta homenaxe basearonse en textos da autora e tamén de creación da compañía, que traballa "de xeito poético e moito coa imaxe", engadiu a actriz, "crease unha atmósfera e fálase de literatura, ensino, animais, natureza, os puntos que toco una súa obra e na súa vida".

Anxo García, de Viravolta Títeres, tamén participou una presentación do ciclo. Lembrou que o seu Cego dos Monifates inspirouse especialmente no cancioneiro popular de Casto Sampedro e nunhas persoaxes reais, o cego que percorría o mundo co seu monifate. "Ao descubrir o conto Can branco, can negro, de María Victoira Moreno, escrito en forma de romance, decidiuse adaptalo ao estilo dos monifates e naceu Romance de cans", a obra coa que a compañía lalinenes e, en concreto, a súa sección Seisdedos participa no programa provincial.

Pola súa banda, Odaiko participa con Mar adiante, na que a compañía utiliza "o soño que ela tiña dun barco-escoliña no que os nenos poidesen aprender sobre o mar", sinalou Inacio Vilariño, ao presentar este musical que fala de novas relacións cos nenos, mais estreitas e menos de poder, e no que todos os instrumentos son reutilizábeis.