Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

De Lalín a Grecia polos refuxiados

A lalinense Bea Ferradás Gallego viaxou a comezos de ano a Atenas para axudar á asociación SOS Refugiados España nas diferentes tarefas humanitarias no país

Bea Ferradás nunha das actividades no centro Victoria.

Bea Ferradás Gallego decidiu ver por si mesma a realidade dos refuxiados en Grecia, por iso a principios de ano aproveitou as súas vacacións para viaxar a Atenas e colaborar coa asociación SOS Refugiados España, un colectivo que foi creado por tres amigos que se xuntaron para axudalos cando chegaran a España. Logo de que o goberno español non levase para adiante a acollida tal e como se esperaba, estes tres amigos continuaron coa súa iniciativa, iso si, en Grecia, onde abriron un centro chamado Victoria, onde reparten axuda humanitaria e axudan a Sirios, Afganos ou Pakistanís, entre outros, que foxen da guerra e pretenden alcanzar Europa.

Ferradás, acostumada a traballar con colectivos deste tipo -xa o fixera anos atrás en África-, decidiu ir durante oito días a capital grega "máis que nada porque a min non me gusta colaborar con asociacións sen ter estado antes, sen ver eu as necesidades que teñen, a realidade que sofren a diario". Esta lalinense estivo no centro Victoria axudando en tarefas humanitarias como reparto de comida ou roupa. Tamén estivo encargada de ir a polos cativos, xa que os refuxiadas vivín en casas ocupas denominadas squad, edificios deshabitados que os ocupan por necesidade e onde non teñen nin auga nin luz. Ferradás explica que no centro, en colaboración con outra asociación vasca chamada Zaporeak, fan comida para 600 persoas, nun reparto que dura máis de dúas horas.

Tamén tivo que axudar nas tarefas de limpeza ou no reparto de cueiros. Segundo explica esta profesora o centro está distribuído en varias plantas, cada unha delas adicada a unha ou varias tarefas. No reparto de roupa por exemplo, os nenos e as mulleres ían uns días e os homes os outros, nese tempo había que estar xestionando a roupa, "había que evitar que alguén levase de máis e logo non quedase para os outros", indica.

Ferradás destaca a dureza da súa experiencia, onde se podía observar os problemas reais desta xente fuxida do horror da guerra. Conta que un dos bens máis preciados é a compañía, xa que pode facer máis lixeiro o camiño, porque a soidade que sufrían moitos no lugar chegaba a ser "moi triste". Sinala que "se chegaba co subministro que tiñan para Victoria, collían o que lle sobraba e levávaos a campos de refuxiados ou aos squads para aquela xente que non se podía acercar, eu púideno comprobar", mantén. Ten certeza de que a asociación a conforma xente "moi implicada coa situación, incluso refuxiados que nos axudan e nos serven de tradutores", explica esta lalinense.

Compartir el artículo

stats