A escritora María Canosa visitará este sábado a biblioteca municipal de Lalín, dentro das actividades do programa Ler conta moito. Nun obradoiro dirixido a nenos de tres anos en diante, esta experta en literatura infantil e xuvenil relatará unha historia coa que os máis novos aprenderán a superar os seus medos. A narración xira en torno a unha nena, que botou man da poesía para aprender a superar temores como as treboadas, a escuridade, os pallasos ou os médicos. A cita comeza ás 11.30 horas e é gratuita, ata completar aforo. María Canosa leva publicados preto de 40 libros tanto para público infantil como adulto, ademais de ensaios.