30 de mayo de 2017
30.05.2017

Un idioma para ser contemplado

O Clube da Lingua desvela os gañadores do terceiro certame de tatuaxes en galego

30.05.2017 | 03:09

Á marxe do seu valor estético, unha tatuaxe é unha maneira de transmitirlle ao mundo cómo é a ideoloxía ou forma de vida de quen porta esa creación na súa pel. Así que cando a tatuaxe é unha frase ou mantra en galego, ou un debuxo relacionado coa cultura galega, é evidente que quen o porta quere demostrar o seu vínculo e a súa loita en defensa do idioma. Hai moitos, moitos galegos máis que levan sobre a pel ese amor pola lingua, pero son preto de 500 os que participaron nas tres edicións do certame Galicia, a flor de pel, que organiza o instituto de Vila de Cruces.

A idea xurdiu en 2014 e foi tal a avalancha de participantes que se puido publicar un libro, a comezos de 2016, coas mellores tatuaxes. Desde entón, o Clube da Lingua, creado no instituto Marco do Camballón, en Vila de Cruces, xa leva convocado tres edicións do certame Galiza, a flor da pel, un concurso co que quere difundir todas as tatuaxes que locen frases en galego, da literatura galega ou deseños que teñan que ver co noso folclore e tradición.

O concurso apóiase, sobre todo, na rede social Facebook. No perfil do Clube da Lingua poden contemplarse, dende hai meses, todas as tatuaxes que participan no certame, xa sexa enviadas por quen as porta como por quen as grabou sobre a pel ou por quen lles sacou a fotografía. Onte, a organización daba a coñecer os nomes dos gañadores, nas dúas categorías en que se divide a convocatoria: tatuaxes sen palabras e con palabras. Desta maneira, no apartado de só imaxes, a gañadora é Karina Pereira Rei, cunha tatuaxe que adorna o brazo esquerdo e que simboliza uns estalotes, esta planta que todos os que nos criamos no rural identificamos cos xogos da nosa infancia. Por detrás desta creación colócase unha pandereitiña nun dedo, que tamén pode verse nas fotografías que acompañan esta páxina e que foi remitida ó concurso por Geni Domínguez. O terceiro escollido é unha folla, de Raque Lilolelale. O xurado quere facer unha mención especial á tatuaxe dos petroglifos de Laxe das Rodas, que leva Iria Molina e que tatuou Martuk Tuk Rodríguez. Este deseño gañou a edición do ano pasado e agora estendeuse polo brazo da súa dona, co que "aumentou a súa forza visual", segundo explican desde a organización.

En canto ás tatuaxes que locen unha frase, as tres mellores son, por esta orde, Sempre ceives, de Charo Lopes e tatuada por Piratum; As sete vogais que tén o cantante Leo Arremecághona nos dous pulsos e que foron obra de Sara Marchene a Esther das Luras; e a frase Defender a alegría como uma trincheira, unha tatuaxe na espalda de Llerena Perozo Porteiro. Haberá libros para todas as fotos premiadas.

Desde a primeira edición, o proxecto Tattoos da Galiza xa leva recompilado preto de medio milleiro de fotos. Quen as queira contemplar pode entrar no blog www.blogoteca.com/tattoosdagaliza. Para o organizador do certame, o Clube da Lingua, esta colección é "unha obra de arte e de comunicación colectiva froito dun proceso de participación social intenso e cheo de emocións". A presenza desas emocións vén dada polo paso que da a persoa que decide amosar a súa tatuaxe, que forma parte da súa identidade, a un mundo tan infinito como é o virtual a través das redes sociais. A organización, ademais, tén claro que cando unha tatuaxe en galego ou sobre a cultura galega é permanente, tamén pasan a selo "a nosa lingua e a nosa identidade". E, de paso, estes dous conceptos súmanse á modernidade e á avangarda.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

Recibimiento en Lalín al campeón de Europa Javi Busto

Recibimiento en Lalín al campeón de Europa Javi Busto

| Amigos, compañeros y familiares de Javi Busto se dieron cita a primera hora de ayer en el...

Manuti seguirá por cuarta temporada consecutiva al frente del A Estrada Futsal

Manuti seguirá por cuarta temporada consecutiva al frente del A Estrada Futsal

Se busca un sustituto para el técnico del segundo equipo, Tosar, baja por trabajo

El Atletismo A Estrada consigue tres medallas en la carrera de Rianxo

El Atletismo A Estrada consigue tres medallas en la carrera de Rianxo

El Atletismo A Estrada se volvió a calzar los tenis en Rianxo para disputar la "II...

El Herdeiros de Dhais comienza la pretemporada

El Herdeiros de Dhais comienza la pretemporada

| Los dos equipos del Herdeiros de Dhais iniciaron la pretemporada. En el equipo masculino...

Busto, campeón de Europa de BTT-Maratón

Busto, campeón de Europa de BTT-Maratón

El ciclista dezano se llevó la victoria dentro de su categoría en la dura competición celebrada...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

O Foxo o la aldea que se salvó de la peste del año 1800

O Foxo o la aldea que se salvó de la peste del año 1800

La casa de Luis Varela cumple hoy 25 años como sede de la misa a San Roque

El gobierno lalinense cifra en un 17% la bajada del recibo del IBI en los últimos años

El gobierno lalinense cifra en un 17% la bajada del recibo del IBI en los últimos años

Los responsables de Facenda avanzan que los ingresos caerán en este ejercicio en 480.000 euros...

Marta García Sánchez: "Formando parte dunha banda aprendes a traballar en equipo"

Marta García Sánchez: "Formando parte dunha banda aprendes a traballar en equipo"

"Pazos está aportando iniciativas para contar con máis participantes na escola"

A Estrada copa el 65% de los avisos por ataques de lobo en las comarcas entre octubre y junio

A Estrada copa el 65% de los avisos por ataques de lobo en las comarcas entre octubre y junio

En los últimos nueve meses cursó 26 denuncias ante la Consellería de Medio Ambiente, que le otorgó...

El Agro de Lalín de Arriba busca morador

El Agro de Lalín de Arriba busca morador

-Algunas parcelas lucen el cartel de "se vende" y se anuncian en portales inmobiliarios -Apenas...

Enlaces recomendados: Premios Cine