Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Susana Camba Castro: "Que a comarca estea na executiva axudará a pór as necesidades sobre a mesa"

A estradense Susana Camba forma parte da nova Executiva Nacional do BNG

Susana Camba, na sede do seu partido en A Estrada. // Bernabé/Cris M.V.

Dende o pasado domingo forma parte da nova Executiva Nacional do BNG, elixida na XVI Asemblea Nacional do partido, celebrada na Coruña. Susana Camba, número dous da candidatura do partido nas últimas eleccións municipais de A Estrada convértese na voz das comarcas dentro da formación.

-A única candidatura presentada, a encabezada por Ana Pontón, tivo só un voto en contra. Tanta unanimidade hai no BNG?

-Pois si. A verdade é que estamos nun bo momento. Hai unidade, hai un criterio común, pero, sobre todo, un desexo de traballar e de levar adiante o noso proxecto. Pensamos que é un proxecto de futuro e de país, no que cremos firmemente e que defendemos dun xeito unitario, moi colectivo e con moitísimas ganas de traballar, .

-Despois das escisións, do abandono de dirixentes e da perda de votos que sufríu o BNG, en que punto diría que está agora o partido?

-Está nun punto no que centramos ideas, proxectos, desexos, tamén. Efectivamente, houbo abandonos. Creo que é san diferir. No BNG sempre se admitiu a crítica interna e creo que iso é precisamente o que nos está facendo fortes neste tempo novo. É o momento de avanzar, de deixar atrás momentos complicados. É o momento de avanzar dende un punto en común. Todos os que estamos no BNG temos un obxestivo, que é levar adiante o país e a nosa xente.

-Dicía o domingo Ana Pontón na clausura da asemblea que o BNG se esquivocou, pero que aprendeu dos erros. Cales diría que foron os grandes fallos?

-Depende de a quén lle preguntes vaiche dicir uns ou outros. Os erros do BNG posiblemente fosen, nun determinado momento, ceder a idea que tiñamos tradicionalmente de país. Pero como ven dixo Ana onte [en referencia ó domingo], dos erros apréndese. Nós somos traballadores de Galicia e temos que traballar polos galegos e polas galegas.

-Cal é a liña de traballo a seguir a partir de agora?

-Hoxe[referíndose a onte] tivemos unha primerira reunión, unha primeira toma de contacto da nova executiva, pero aínda temos reunións por diante para establecer unhas liñas máis concretas. Iremos fa cendo o que viñemos facendo nestes últimos anos, que é seguir na liña do nacionalismo tal e como nós o entendemos, sen querer meternos en debates. Temos unha liña moi clara, que é o nacionalisomo de esquerdas e que é lograr unha consecución dos dereitos sociais para que haxa unha igualdade.

-En que lle vai beneficiar á Estrada e ás dúas comarcas ter unha veciña na directiva do BNG?

-Aínda que un partido quere chegar a tódolos lados, loxicamente, se temos alguén da comarca será quén de poñer máis acento nos problemas que teñamos. Á comarca benefícialle porque nós coñecemos cáles son os problemas e as nosas necesidades e podemos argumentar e sumar para pór as necesidades e as solucións sobre a mesa.

-E cales serán os primeiros problemas da zona que expoña?

-Como non temos aínda a liña de traballo definida, porque só tivemos unha primeira toma de contacto, sería audaz pola miña parte dicilo. Pero en canto haxa unha liña de traballo empezarse a falar das comarcas.

-Como ve a saúde do BNG na zona?

-Véxoo con boa súde, entre outras cousas porque temos uns representantes municipais que son tremendamente traballadores e conscientes da responsabilidade que teñen entre as mans. Hai unha unidade de criterios, que é moi importante para poder organizarse, e xente con moita experiencia. Eu poñería o acento no bo facer dos nosos concelleiros e concelleiras e no compromiso que teñen cos concellos e co entorno no que viven e traballan.

Compartir el artículo

stats