A parroquia estradense de San Paio escolleu o primero sábado de outubro para honrar, cada ano, á Virxe da Estrada. A imaxe que se venera chegou ao templo nos anos 60, donada por Hijas de María. Durante anos conoceuse como a Virxe Nai, ata que pesquisas dun grupo de veciños remataron por revelala como a Virxe da Granada. O ano pasado a talla bautizouse finalmente como Virxe da Estrada.

A celebración na súa honra prográmase para este sábado, 1 de outubro. O párroco, José Antonio Ortigueira, explicou que se decidiu que fose en outubro porque é un dos meses da Virxe, xunto co de maio, e se apostou por facer que a celebración coincida sempre en sábado, día da semana tamén adicado á Virxe. Deste xeito, os actos están programados para as 20.00 horas.

Ortigueira informou de que un grupo de parroquianos está madurando a idea de construir para esta imaxe un pequeno altar para dignificar o lugar no que se atopa esta imaxe da Virxe sedente. Tras teren estado no Altar Maior, no espazo que agora volta ocupar o patrón San Paio, nestes intres a talla está nun lateral do templo.