Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Agardamos que entre o Centro Agrario e outros plans que temos en marcha consigamos reducir o paro"

-Neste primeiro ano de mandato xa se materializaron proxectos, ou van tomando forma, como o traslado da Escola de Música ou o Centro de Desenvolvemento Agrario. ¿Cáles son os seus plans para os tres anos que faltan?

-Van saíndo proxectos adiante, como a Escola de Música. Agora, nos anos que quedan as prioridades son que a Xunta aprobe definitivamente o PXOM, intentar cambiar as oficinas do concello e, sobre todo, o centro de día residencial, E no tocante ó emprego, agardamos que entre o Centro de Desenvolvemento Agrario e outros plans que temos en marcha consigamos reducir o paro no noso concello.

-No seu equipo hai unha maioría de edís mulleres, pero non levan as áreas de peso do goberno, como Urbanismo ou Facenda. ¿Qué criterios se seguiron para o reparto de competencias? ¿Prevé unha reorganización no que queda de mandato?

-Iso de que non levan áreas de peso é unha opinión totalmente subxectiva. A área de Acción Social ten moitísimo peso, e no Concello de Silleda unha das áreas con máis traballo é a de Cultura. Considero que dúas das concellerías de máis peso e de máis traballo están levadas por mulleres. Por exemplo, a área de Facenda, que levo eu como alcalde, prácticamente consiste en firmar e dar o visto bo ó traballo dos interventores. Non se prevé ningunha reorganización no goberno, só se valoraría de ser estrictamente necesario, se algún edil quere mellorar as súas expectativas laborais.

-Silleda pasa por ser un dos municipios coas asociacións máis dinámicas da zona. ¿O papel do goberno debe quedarse nun mero respaldo económico?

-E que o papel do goberno non é un mero respaldo económico, o goberno forma parte activa. Que Silleda sexa un dos concellos con máis actividade cultural e deportiva da zona é grazas ás asociacións e a un conxunto, a un engranaxe ben engraxado.O Concello participa activamente en todas as actividades. De non ser así, Silleda non tería ese potencial, aínda que o peso máis grande, sempre o digo e o agradezo, é das asociacións.

Compartir el artículo

stats