Manel Fernández é o presidente do Club Dezarco, que organiza hoxe, desde as 9.00 horas, una proba de tiro con arco 3D nos montes do entorno do mosteiro de Carboeiro. Esta práctica deportiva tan só conta, polo de agora, cuns 15 socios en Trasdeza pero aspira a contar cada vez con máis practicantes. Este coletivo, que reunirá 64 deportistas no torneo, ten moitas posibilidades de organizar o vindeiro ano unha proba do campionato de España da modalidade. Fernández destaca que esta disciplina combina a precisión co sendeirismo e a proba do ano pasado xa acadou un importante éxito de público e de deportistas, chegados de Galicia ou de zonas como Madrid ou Barcelona.

-Cando xurdíu a idea de crear un club de tiro con arco 3D en Silleda?

-Hai máis ou menos dous anos e xa contamos con 14 socios; todos, polo momento de Silleda e A Bandeira. No resto da bisbarra aínda non se coñece moito unha disciplina que combina o tiro co sendeirismo.

-En qué consiste esta práctica deportiva? Porque tamén existe o tiro con arco de recorridos de caza...

-O que practicamos nós consta dun recorrido polo monte duns dous quilómetros máis ou menos nos que instalamos as dianas, que representan siluetas de animais en tres dimensións. O tiro con arco de caza non está contemplado na federación como un deporte, mentres que o recorrido pertenece á Federación Española de Tiro con Arco. Tén un regulamento propio, mentras que o outro non.

-Deste deporte existen distintas modalidades en función do arco que se empregue, non?

-Así é. O máis básico denomínase long bow. Logo está o recurvado, que aporta máis potencia e é máis doado de manexar. O clásico e menos potente e para andar con el precísase unha menor condición física. Logo están os arcos de poleas, con ou sen visores. En Silleda o que máis se emprega e o tradicional. Non se poden incluir na mesma competición todos, xa que os de poleas son máis para a precisión e os outros, se cadra, máis para un lanzamento institivo e moito máis rápido.

-É unha práctica asequible? Canto custa equiparse para poder competir?

-Os prezos dos arcos poden oscilar entre os 130 e os 1.800 euros, desde os máis básicos ata os máis elaborados. Éstes son feitos a man e con madeiras nobles. Poden ser metálicos, pero as palas han de ser de madeira ou de fibra. Non é moi caro posto que para practicalo non se precisa unha roupa especial, serve poñer prendas coas que un iría ao monte.

-Contades con algún espazo para practicar este deporte?

-No recinto da Semana Verde temos un circuito montado para que os socios poidan adestrar. Se alguén quere probar tamén lle deixamos os nosos arcos e flechas. Tamén temos dianas fixas, aínda que o noso é o recorrido.

-Esta competición ven avalada polo éxito da do ano pasado. Se cadra o entorno onde se fai a proba tamén atraerá aos competidores chegados de fóra de Galicia...

-Sí, na anterior houbo moi boa acollida e había 40 deportistas. O domingo seremos 64 e na proba que imos facer en agosto agardamos que máis dun cento. A tirada de hoxe, coa que comeza a liga galega, fixémola para poder optar ao campionato de España que, cremos, temos moitas posibilidades de organizar para o vindeiro ano. Nese tipo de probas xúntanse 200 tiradores que, coas súas familias, supoñen unhas 600 persoas. Normalmente duran dous días e hai que programar catro recorridos diferentes. Temos que agradecer ao concello que abríu camiños novos en Carboeiro.

-Son optimistas sobre a consecución deste importante torneo para Silleda?

-Penso que sí. De feito, algúns dos deportistas que veñen son membros da federación e do comité que organiza o campionato. O noso obxectivo e conseguir o campionato de España.

-Precisarán desde o Club Dezarco de financiación externa para esta competición... Teñen algún tipo de apoio público ou privado para esta proba?

-Bueno... organizar unha proba do campionato de España require dun gasto respetable. Hai que pensar que unha figura que representa un coello custa uns 70 euros e a dun cervo uns 500, e temos que colocar no monte uns 20 animais. Para a proba de hoxe contamos coa colaboración do hotel Oca Katiuska, que nos ofertou para os visitantes un prezo de 25 euros polo aloxamento e o almorzo.