O actor vilagarciano Josito Porto coprotagoniza xunto a Mónica García a obra de teatro "Comida chinesa" que o vindeiro venres vaise a estrear no auditorio de Vilagarcía. A sesión iniciarase ás nove da noite e se volvera a repetir ó día seguinte, á mesma hora.

- Por qué esa decisión de facer a estrea mundial en Vilagarcía?

- Levo tempo con ganas de estrenar un espectáculo en Vilagarcía e pensei que éste sería un bo momento.

-Bota de menos ás raíces?

- Claro. Levo tempo sen facer vida social aí e eu considero que antes de nada son de Vilagarcía. Alí non só nacín senón que alí tamén empecei coa miña afición ó teatro e á música. Este ano déronse as circunstancias, falei con Xabier Camba (técnico de Cultura) pareceulle boa idea e aquí estou.

- Non da medo unha estrea con case 800 butacas?

- A verdade é que é un risco. O auditorio é un espazo enorme. Eu nestes casos boto en falta a antigua Casa da Cultura. Para os que somos de aí e temos certa idade trae moitos recordos: O baile de disfraces no Mercantil...

- Eso xa e ir moi atrás. A propia Casa de Cultura acolleu xa algunha obra súa...

- Si, tanto con teatro aficionado como con teatro profesional. Alí fixen O Bululú (do linier), Nano, O lapis (do carpinteiro) con Sarabela teatro...

- Daquela non era difícil que vostede enchera as butacas...

- Por iso digo que o boto moitísimo de menos, porque alí enchías con 200 persoas. No auditorio acadas esa cifra e tes a sensación de que estás no medio da estepa. Pero ese debate non está só en Vilagarcía. Agora todos os concellos demandan espacios como o auditorio. Debería poderse correr un telón e tapar as butacas que estivesen baleiras.

- O bo que tén o escenario do auditorio é que o actor apenas ve canta xente hai, non si?

- Non ves nada pero notas a presenza do público, a calor, a respiración. Non é preciso vela para saber que está alí... De todas formas eu limítome a facer o meu traballo e sobre todo a pasalo ben, eso é fundamental. Eu sempro intento traballar como se a sala estivera chea.

- Con pouca xente será máis frio...

- Claro. Eu son observado pero tamén son público e como público sé dos fallos dos que adolecen estes espacios. Eu creo que hai unha falta de conexión co espectador, tarda máis en entrar na historia e si, hai máis frialdade.

- Home, algunha vantaxe terá o auditorio...

- Claro que a ten. Está moi ben montado e ten boa acústica. Aínda que tes o problema de que para que te escoiten ben os de arriba tes que recorrer á microfonía. Eu que estiven en moitos teatros de Galicia, podo dicir que hai moi poucos que te permitan susurrar e que te escoitan ó final da sala.

- E vostedes, claro, son reacios os micros...

- Tes que intentar que o teatro sexa verdade e se xa arrancas con micros e artificiosidade, partes con desventaxe.

- Falenos da obra, Comida Chinesa.

- Esa si que é unha verdade absoluta. Nos ensaios chamanos a atención como cambia a intencionalidade dunha frase de un día para outro. A min, o texto de Pedro Angel Ramos enganchoume moito desde que o lin. Paréceme moi interesante e que está moi ben contado. Outra cousa é como o contemos nós, claro.

- Vostede fai dun violador e asesino, ou sexa que eso de meterse no papel vai ser que non.

- Pois non. O duro do espectáculo é que as reaccións dos persoaxes ante as desgracias son moi humanas. Todos tivemos algunha vez ganas de tomar a xustiza pola man. Aquí, o final, non hai bós nin malos. Cada un acaba dando as súas razóns.

- Aínda que, pode que non para encher o auditorio dous días, recoñecerá que en Vilagarcía hai gran afición ó teatro.

- Claro que si. Eu tiven a sorte de pertencer a unha compañía que aínda existe, Clámide, da que saiu moita xente que se adica a isto. E antes de Clámide foi Itaca. Eu sempre lembrarei aquelas estreas no salón parroquial. Alí si que enchiamos. Agora hai que loitar para que a xente lle perda medo ó auditorio. Ten que haber ousadía á hora de promocionar ós espectáculos.

- Cre que as administracións se mollan pouco?

- Eu ás veces alucino porque mandas carteis dunha obra a un concello e cando chegas a representala os ves alí tirados no auditorio. Parece que te fan un favor se os colocan e eu penso que o favor é mutuo. Para o actor é unha axuda que o concello faga publicidade pero tamén é unha axuda para un concello que a cultura se potencie. Que a xente ademáis de tomar birras, vaia a unha obra ou a ver unha exposición. A min paganme igual pero quero que veña moita xente a ver o noso traballo.