18 de mayo de 2018
18.05.2018

A Illa dona 36 libros ao colexio sobre a vida e a obra da escritora

18.05.2018 | 03:44

A Illa, coincidindo co festexo do Día das letras galegas, donou ao colexio Torre un lote de 36 libros da vida e da obra da autora á que se lle adica este ano a efemérides, María Victoria Moreno. As obras entregadas son 12 exemplares de "Mar Adiante", outros 12 "Eu canto, ti contas" e a mesma cantidade dunha biografía de María Victoria Moreno escrita pola autora Fina Casalderrey. Todos os volumes pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca do colexio, onde os nenos poderán consultalos. Ademais, toda a comunidade escolar está convidada a participar nun acto con Fina Casalderrey o vindeiro día 31.

"As Letras no Mar" porán fin ás actividades desenvolvidas para conmemorar esta data. Eses actos desenvolveranse mañá no peirao do Xufre, onde a asociación cultural e deportiva Dorna volverá coas súas embarcacións ao mar, en especial, coa xeiteira "Nova Marina", xérmolo da recuperación das tradicións mariñeiras.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine