Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha lista propia con beneficios semellantes aos dos coches clásicos

Desde que hai máis de vinte anos crease a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, colectivo que xuntou todas as entidades en defensa do patrimonio marítimo, existe unha demanda encima da mesa que non remata de cumprirse. Trátase da creación dunha lista propia na que se sitúen todos os barcos tradicionais e que sirva para recoñecer a laboura de recuperación que están facendo os seus donos.

O presidente de Dorna, Salvador Allo, recoñece que "esa é unha das grandes cousas pendentes que temos neste sector; ao longo destes vinte anos conseguimos ir dando pequenos pasos para que se nos recoñecese o traballo que levamos facendo a prol da pervivencia do patrimonio marítimo, pero non este, que consideramos moi necesario para conquerir unha serie de beneficios semellantes ao de ter un coche clásico en terra, vehículos que están exentos de moitos impostos para facilitar a súa recuperación". No caso das embarcacións tradicionais permitiría a exención dos canons de atraque e outras taxas que supoñen un coste moi importante para estes colectivos.

Insiste Allo na necesidade de contar "cun foliado especial que acolla ás dornas e ao resto de tipoloxías das diferentes embarcacións coas que contan estas asociacións; hai que ter en conta que sen o traballo que desenvolvemos, o máis probable é que se acabase perdendo unha parte importante do noso pasado".

Compartir el artículo

stats