Ante o que está acontecendo nestes intres en EU de Vilagarcía, dáme a sensación que estou revivindo os finais dos anos 70. Porén, non aprendemos da nosa historia recente, falo desde os anos onde acadouse a "democracia".

En 1979 o PSOE e máis o PCG gobernaron en Vilagarcía, ao pouco tempo comezou no PCG os enfrontamentos coa seguinte perda de concelleiros na seguinte lexislatura e seguimos sen volver a vista atrás para intentar non repetir esa historia. Durante estes longos anos atopei de todo como en botica (sendo o que máis me alporiza é o infantilismo de esquerdas, os egos e personalismos) e seguimos intentado atopar o sexo dos anxos. É desconcertador ver como a esquerda onde milito desde 1972, loitando para acadar un país de progreso segue cometendo os mesmos erros que antano.

Coa que está caendo desde moitos frontes desta dereita neoliberal e cobizosa: reforma laboral, privatizacións da sanidade e ensino, estado policial (Lei Mordaza) alleo á democracia e dereitos humanos, en EU ándase a liortas haber quen é o máis "cristián" e limpo de pecado.

Non sei que vai pasar, pero non adiviño nada bo. Por algunha incomprensible razón a esquerda alternativa sempre remata autodestruíndose a si mesma, como si dunha maldición ou meigas tratárase. Porén, agardo que axiña chéguese a solucionar o problema en IU de Vilagarcía sen sectarismos e personalismos, con máis humildade e facer esforzos de intelixencia e xenerosidade en acadar unha solución de entendemento polo ben da esquerda, por respecto aos antigos militantes, votantes e da cidadanía.

Como dicía Carlos Marx: "...la historia se repite dos veces, la primera como tragedia y la segunda como farsa...". Apelando ao sentido común e o diálogo non cheguemos a esa segunda fase da farsa, pois de traxedias xa tivemos abondo.