Quixera rematar este traballo facendo unha homenaxe sentida dende o máis fondo do meu corazón, e no nome de todas aquelas persoas deste benquerida Terra Galega que o longo destes últimos días me teñen chamado para agradecerme que lles houbera lembrado a historia do noso país, que non é máis que a daqueles que nos teñen precedido no tempo..., os nosos avós, pais, etcétera. en definitiva a historia das nosas xentes..., pois ben, no nome de todos os galegos de bo corazón, a nosa lembranza ó conxunto do pobo vasco, e salientablemente ó Partido Nacionalista Vasco nas persoas de: Manuel de Irujo (ministro sen carteira no goberno de Largo Caballero 1936/37 e ministro de Xustiza no goberno de Negrín, 1937) íntimo amigo de Castelao, foi o valedor de Galicia diante dos distintos gobernos da República para sacar adiante o Estatuto de 1936.A Ramón María Aldasoro (delegado do Goberno Vasco para América 1936/58) a delegación estaba na Arxentina, na cidade de Buenos Aires; representando o Goberno Vasco do Exilio, mantivo unha estreita colaboración, primeiramente con Castelao e a colectividade galega e republicán no exilio americano, e despois co Consejo de Galicia (o Goberno Galego no exilio) que presidía o propio Castelao. Ao lendakari Jose María Aguirre por ternos facilitado toda a axuda e toda a estructura do propio Goberno Vasco, para poder manter a esperanza dunha Galicia en liberdade fora da propia Terra. A Xavier Arzalluz (presidente do PNV 1985/2004) por ternos axudado no rexurdimento do Partido Galeguista naqueles anos de ilusión da transición democrática. E por último a Iñaki Anasagasti portavoz do Grupo no Congreso dos Deputados en Madrid 1986/2004) por ter apoiado incondicionalmente as reivindicacións de Galicia como Nación sempre que o temos precisado, e por ternos feito este regalo "impagable" da súa obra "Castelao y los Vascos", de lectura imprescindible para tod@s aquelas persoas que queiran coñecer o traballo dos galegos no exílio, moi especialmente o do Pai da Patria Galega. o primeiro Presidente de Galicia " Alfonso R. Castelao ". Para todos eles o noso profundo e terno agradecemento !Viva Euzkadi! !Viva Galicia! !Saúde e Terra!

Chesqui é segredario do PG