Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As orixes dunha norma propia

"Galicia ten unha personalidade, unha conciencia e unha misión no mundo"

No mes de Outubro de 1929 fúndase a ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma), e no seu primeiro manifesto decía cousas como éstas: hoxe cada galego sinte tan fondamente o berro da raza, e solidarizase de tal maneira coas cuestiósn da súa terra, que xa non se contenta con sentila e amala, senon que prestase a destacala e impoñela. Galicia ten hoxe ademáis dunha personalidade, unha conciencia de se mesma e da súa misión no mundo", "... para nós foi e sigue a ser razón de existencia a instauración en España da República Federal", "...poderemos chegar a unha España poderosa e, ermanándonos con Portugal, poder conquerir que Iberia levante a súa noble figura nos futuros Estados Unidos de Europa". Neste Partido militaron unha boa de galeguista de primeira hora.

O día 16 de marzal de 1930 celebrouse a sonada xuntanza de todos os republicanos galegos en Lestrove, asinándose un pacto, no que se decía "...chegou á hora de que Galicia amose querer ser libre e puxante", "..e a República terá que ser federal, porque tal é a vontade dos republicanos conscentes de que o federalismo achega o Goberno ó pobo, axustándose as peculiaridades rexionais, tan distintas pola historia e o carácter español".

O día 25 de Setembro de 1930 celebrouse unha xuntanza de distintas personalidades galegas no Pazo de Barrantes, asinaron un documento no que se podía ler : "..Estamos certos e seguros de que a causa de todos os males e dores de Galicia estan no centralismo chupador das enerxías rexionais, levado, por desprecio e malquerida, a un esquezemento das nosas lexítimas ansias. Ó centralismo debelle Galicia o seu estado de ruina, o seu atraso e o seu encadenamento".

O presentir a chegada da segunda República, o "Seminario de Estudos Galegos" propúxolle ós republicanos de Galicia un proxecto de Estatuto autonómico, que saeu a luz o día 6 de Maio de 1931- a os poucos días da caida da Monarquía-, e o seu primeiro artículo decía así: "Galicia é un Estado libre dentro da República Federal Española". Este proxecto de Estatuto foi o primeiro que se formulóu en España ós efectos de exercer o dereito de iniciativa, conforme ás boas normas do federalismo.Ó mesmo tempo, a "Secciòn de ciencias sociais, políticas e económicas" do Seminario, presentou a pública consideración, como un anexo o proxecto de Estatuto, un estudo da cuestión económica-fiscal, formulado por Alexandre Bóveda, no que se amosaba, con números irrebatibles, que o reximén de autonomía integral era convinte para Galicia e que non perxudicaba os demáis pobos de España.

O 20 de Maio de 1931 celébrase na Coruña unha asambléia da "Federación republicana Galega", a que concurriron personalidades de todos os sectores de Galicia. Alí discutíronse e aprobaronse "As bases para o Estatuto Galego", a primeira parte comenza coas seguintes palabras. "Galicia é un Estado Autónomo dentro da República Federal Española". Con este acto volveuse a manifestar por "enésima vez" a vocación federalista de Galicia.

Compartir el artículo

stats