Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Oitenta anos do Estatuto de Galicia (I)

El autor, Francisco López Franco "Chesqui", fai un repaso a singularidade xeográfica, histórica, económica e lingüística da terra de Castelao ou Bóveda, claros referentes

Iñaki Anasagasti en su escaño del Parlamento vasco. // FDV

Por respeto a todos eles, e a aqueles outros que tiveron que fuxir da súa terra, deixando as costas, as súas casas e familias..., "Quizais sexa hora de que voltemos a ollada un pouquiño atrás".Quizais haxa que facer un alto no camiño da vida para lembrar de onde vimos e quénes somos, para poder decidir cara onde imos e qué queremos ser (cando menos no que a min se refire). Ben, decía que andaba a procura "desa inspiración"......, cando a carteira -porque na aldeia de Estonllo temos a sorte de ter carteira á vella usanza- aparece pola porta e faime entrega dun sobre que traía o mataselos de Bilbao-Bizkaia; tratábase dun libro escrito polo meu benquerido amigo e irmán Inaki Anasagasti, aquel que fora durante varias lexislaturas a voz de Euskadi e do Partido Nacionalista Vasco, ademáis de Galicia e do Partido Galeguista no Parlamento do Estado; nunha época na que Galicia non tiña ningún representante nacionalista, Iñaki sempre estaba disposto a presentar as nosas propostas e reivindicacións, o mesmo que os seus compañeiros do PNV no Parlamento Europeo. O libro en cuestión éra "Castelao y los vascos", unha fermosa obra de 600 páxinas que recolle as relacións que mantivo Castelao e o Partido Galeguista, cos vascos e cataláns, e que deron pé o pacto "Galeuzca" , ata a morte de Castelao no 1950. Trátase dunha obra de lectura obrigada para todos aqueles que queiran coñecer a vida de Castelao e a profunda irmandade que existiu entre o PNV e o PG; e que hoxe tratamos de manter cunha profunda humildade aqueles que ainda militamos nas dúas formacións políticas e que nos profesamos amizade dende os anos 80.

Pois ben, foi no mentado libro "Castelao y los vascos" no que atopei aquelo que estaba buscando, pero denantes quixera comezar reparando nun feito que non pode pasar por alto, e que para mín é o pilar,o sustento primeiro do porqué de Galicia, vexamos: Galicia foi o primeiro reino de Europa. O primeiro dos reis de Galicia foi Hermerico. Ata esa data Galicia estaba dominada polos romanos, e foi o seu emperador Honorio quen lle concedeu a provincia de Galicia os suevos; sendo o primeiro dos territorios romanos o que se lle permiteu acuñar a súa propia moeda. Asemade Galicia foi tamén dende o ano 448 o primeiro reino católico de Europa. Dito esto, que debera ser de obrigado coñecemento para todos os cidadáns de Galicia, paso a recoller a primeira parte do libro de Inaki Anasagasti "Castelao y los vascos" que recolle e explica "con moita claridade" o porqué do Primeiro Estatuto de Galicia:

"Co fin de enmarcar a actividade política do dirixente galeguista (Castelao) nada mellor que comezar o presente libro cunha pincelada histórica sobre a xestación, así como polas circunstancias e atrancos que tivo que pasar o primeiro Estatuto de autonomía de Galicia. Para elo temos fuxido de traballos eruditos e témonos centrado nun pequeno folleto de cor amarelo "O Estatuto de Galiza. Antecedentes e comentarios. Bos Aires, 1948". Trátase por tanto dunha edición divulgativa do primeiro Estatuto galego realizada pola Federación de Sociedades Galegas -hoxe presidida polo meu benquerido amigo, fillo de O Grove, Francisco Lores- (e conformada polas entidades comarcais),os centros coruñeses, lucenses, ourensanos e pontevedreses, xunto con A.B.C. do P. de Corcubión, o Centro de Betanzos e a Irmandade Galega que sumaban por aquelas datas 25.000 asociados.

A edición tiña como obxecto celebrar un novo aniversario do plebiscito autonomista de Galicia e na súa introducción decía: "Estas sociedades coñecen e interpretan o sentir e o pensar da poderosa colectividade galega de Bos Aires - sempre democrática, republicana e autonomista- e no seu nome publican o presente folleto, para difundir unha verdade histórica mal coñecida e reavivar un problema vital para Galicia e para España".

O folleto está asinado o 28 de xuño de 1948 (dezaoito meses despois, en xaneiro de 1950, finará Castelao) e a maneira de dedicatoria aparecen as efixies de Alexánde Bóveda "un home que defendeu e morreu polo Estatuto de Galicia", e a de Alfonso R. Castelao "presidente do Consello de Galiza, o home que encarna a vontade autonomista do pobo galego"

Galicia ten unha língua propia, nacida no berce de outra anterior -probablemente céltica- que é filla do latín, irmán maior do castelán e nai do mal chamado portugués; na nosa língua prodúcese un dos intres líricos máis antergos e admirables de Europa. E si a língua non fose un distintivo nacional, porque non respecta fronteiras e ollamos cunha mesma língua pode servir de lenguaxe a nacións diversas, xusto é recoñecer que, polo menos, o idioma galego -hoxe falado en moitas partes do mundo- é natural de Galicia, porque alí naceu e alí criouse e fíxose literalmente.

Galicia ten un territorio propio, delimitado por fronteiras naturais, de formas doces e entrañas duras, que foi unha illa de pedra en tempos xeolóxicos, e que hoxe semella unha inmensa esmeralda engarzada no estremo da cordilleira cantábrica: Extremo do mundo antigo e embarcadeiro avanzado cara ao novo. E ainda que a nación non fose máis que unha ialma como dixo Renán, quen de expandirse por riba das montañas dos ríos e dos mares, conservando a súa unidade cos varios e diversos climas e rexións, xusto será recoñecer que a terra galega é única e diferente do resto das terras de España: "O lugar onde se amasóu a nosa carne e onde se amoldou o noso esprito", como ben dixo Nóvoa Santos.

Galicia ten unha morfoloxia social e económica propia, de tan rara orixinalidade que non hai posible ecuación antre os seus problemas vitáis e a lexislación única do Estado español, polo que alí siguen a practicar as vellas costumes xurídicas, as costas da lei radiada dende Madrid, e si Galicia, en longas centurias de traballo, chegóu a formar un cadro completo da súa vida privada e social, que non encaixa na organización uniformista de España, xusto será recoñecer a necesidade de unha política estatal galega.

Compartir el artículo

stats