O Concello de Poio mantén un amplo programa para este Nadal, no que participan diferentes organismos.

A blibioteca municipal de Campelo celebrará hoxe, ás 13.30 horas, o seu particular Sorteo da Lotería de libros, que se efectuará entre aquelas persoas que efectuaran préstamo durante o me de decembro. Ademais, o vindeiro martes, día 29, terá lugar o obradoiro creativo "Manualidades para tod@s" e entregarase o premio "@s lector@s do ano", un recoñecemento aos usuarios infantís e adultos más activos do último ano, segundo o rexistro da biblioteca municipal. Os gañadores recibirán candaseu lote de libros.

Por outra banda, o 27 de decembro, ás 19 horas, a Casa do Pobo de Samieira clausura o ciclo de teatro PoioEscena co Mago Deimi e o grupo fonte da Tella.

Cabalgata de Reis

A cabalgata de Reis porá o punto e final á programación o 5 de xaneiro. Sairá da Praza do Mosteiro ás 16 horas e chegará A Seca arredor das 19 horas.

Ese mesmo día, entre as 16.30 e as 20.30 horas no pavillón do CEIP Isidora Riestra haberá unha festa aberta ao público infantil e de balde. Ofrecerá animación, inchables, obradoiros de maquillaxe, fantasaía, globoflexia, manualidades, xogos populares e a visita dos Reis Magos a partir das 19 horas.

Ás 18.30 horas, o Consello Municipal de Cultura fará a entrega de premios do concurso de tarxetas de Nadal 2014 a Claudia Acevedo, Fabián Bermúdez, Agustín Torres, silvia Villaverde e Irene Chayán.