Cuíñas presenta "Salgadoiro de queixo e mozzarella", unha novela ambientada en Cambados

O protagonista "é unha persoa normal, pero que non se dá atopado no mundo"

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O mar é unha das grandes paixóns de Exidio Cuíñas.
O mar é unha das grandes paixóns de Exidio Cuíñas.  J.L.Oubiña

A.M. - CAMBADOS Xaquín Exidio Cuíñas é sobre todo coñecido en Cambados polo seu traballo en defensa da cultura marítima tradicional. Pero os seus veciños poderán descubrir o sábado, 2 de xaneiro, unha nova faceta súa, como é a de escritor.
Xaquín Exidio Cuíñas vén de publicar na editorial Todogrove Edicións a súa primeira novela, “Salgadoiro de queixo e mozzarella”. A obra está parcialmente ambientada en Cambados, vila na que naceu o propio autor en 1966. Cuíñas conta que a trama transcorre a principios da pasada década dos noventa. O protagonista “é unha persoa normal, pero que non se dá atopado no mundo”. Trátase, en palabras do autor, dun individio “sumerxido no desconcerto, que se ve desbordado polos acontecementos e que toma unha decisión drástica de transfiguración”.
Xaquín Cuíñas apunta que o personaxe principal da súa novela “é unha persoa perdida”, como tantos e tantos milleiros de homes e de mulleres reais que se ven desnortados, e superados polos acontecementos “e que non están contentos coas súas vidas ou cos seus traballos”.
A obra está escrita en primeira persoa –aínda que Cuíñas adianta que non se trata dunha peza autobiográfica– e transcorre por diversos escenarios, como a costa francesa, Buenos Aires, Santiago de Compostela, ou Cambados, onde se desenvolve unha parte da novela. Nesas páxinas, a maior parte das referencias son para o barrio mariñeiro de San Tomé.
Xaquín Cuíñas conta que “Salgadoiro de queixo e mozzarella” é sobre todo unha novela sarcástica, pero na que tamén hai elementos que poden aproximala ó chamado realismo máxico.
O libro preséntase o sábado, 2 de xaneiro, ás sete da tarde, na viñoteca A dos Piñeiros, que se atopa no número 53 da avenida da Pastora, en Cambados. Acudirán o propio Cuíñas e os responsables de Todogrove Edicións.

Murakami ou Mallo

Os responsables da editorial grovense afirman que a novela de Cuíñas “é unha crítica e irónica reflexión sobre a sociedade na que vivimos, narrada a través da historia do protagonista, que se embarca nunha viaxe persoal sen retorno”.
Engaden que a peza pretende ser tamén “unha reflexión sobre o materialismo imperante, que ás veces non permite a pausa precisa para disfrutar dos pequenos praceres da vida”. A obra está prologada por Fernando Pazos, quen afirma que “Salgadoiro de queixo e mozzarella” “é unha obra autenticamente posmoderna, no sentido máis contemporáneo da expresión”.
Na opinión de Pazos, a escrita de Cuíñas sitúase na liña de autores contemporáneos como Agustín Fernández Mallo ou Haruki Murakami. También salienta o prologuista que na novela do cambadés se produce unha fusión entre as novas tendencias da narrativa estranxeira e a tradición cultural galega.
Exidio Cuíñas naceu en Cambados en 1966 e é licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Tamén pinta, e na actualidade está traballando na súa segunda obra literaria, unha recompilación de relatos co mar como eixo central que se titulará “Contos Salgados”.

COMPARTIR
 
galería: el celta se deja dos puntos (1-1)

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009