Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Calquera que profundice, decatarase de que algo pasa en Ourense que non pasa noutros sitios"

- Que outras actividades organizan den de a Insua dos Poetas?

- Organizamos a Festa da Poesía durante o Día Mundial da Poesía, que coincide co Día da Árbore e o Día da Auga, o 21 de marzo. Estas actividades van dirixidas a centros de primaria e secundaria da comarca de O Carballiño e de Ourense. Tamén estamos cunhas xornadas que comezamos este ano, proxectando cine galego en colaboración coas Xociviga, as Xornadas de Cine e Vigo de Galicia, que se celebran en O Carballiño. Queremos facer representacións teatrais e estamos empezando a traballar nunha nova idea que esperamos formalizar o próximo ano. Trátase dunha rede europea para artistas noveis que queremos que estén na Insua dos Poetas durante os meses de verán e que desenvolvan alí a súa idea ou proxecto.

- Como valora o movemento literario ourensán na actualidade?

- Ourense sempre foi terra de poetas, dende tempos medievais. É mester que haxa poetas críticos, poetas que ergan a súa voz sobre a mediocridade que hoxe nos acecha. Na nosa provincia naceron autores moi importantes, dende o Rexurdimento a autores máis novos.

Hoxe hai voces verdadeiramente significativas, das máis novas destacaría a Alba Cid, Edelmiro Vázquez Naval e Celia Parra. As dúas autoras son realmente reveladoras e Vázquez Naval é un poeta xa asentado. Tamén hai que incluír a Victor Canto Pereiro e Xosé Luís Méndez Ferrín e hai moitos máis. Creo que dende a Galicia das institucións culturais, a Galicia académica, deberían prestarle máis atención á obra ourensá. Non se trata de ter máis protagonismo, toda Galicia tiña que estar máis pendente fervenza de ideas plásticas, no mundo do teatro e, en xeral, de todo tipo de creación. A cultura de Ourense merece atención, non só a literatura en galego, tamén as novelas de Francisco López Franco (Chesqui), por citar un exemplo.

Esa creatividade ourensana, á que chamamos ourensanía non é unha casualidade nin é produto dun espellismo; calquera que se moleste en profundizar un pouco ao longo da nosa historia e cultura, decatarase axiña de que algo pasa en Ourense que non pasa en outros sitios.

Compartir el artículo

stats