Acabo de ler o Faro de Vigo do día de hoxe, 25 de novembro que ven a referirse con moito detalle sobre o problema sanitario da Illa de Arousa.

A Illa nos anos 50 do século pasado, contaba con dous médicos que residían no pobo e practicamente atendían os pacientes a calquera hora do día. Hoxe, é certo que temos un Centro de Saúde de 8 a 15 horas, pero temos os mesmos médicos que hai SETENTA ANOS.

Por curiosidade, collín o móbil e entrei no Sergas para pedir cita para o meu Médico de Familia. Hoxe, 25 de novembro a cita que me asignan e para o día 5 de decembro. Si o 5 de decembro, dentro de 10 días para un médico de atención primaria.

¿ Existirá algún pobo en España con esta demora na atención sanitaria? ¿É posible que un enfermo teña que estar ata dez días sen ser atendido?

Eu pensei que era o señor Fraga o que non quería saber nada de A Illa, pero o señor Feijóo penso que nos trata moito peor. Quitounos o Centro de Saúde que estaba proxectado. Prometeunos unha reforma do actual. Seguimos igual e encima cos mesmos médicos que hai SETENTA ANOS.

A Illa sempre conseguiu as melloras a base de presións e manifestacións en outros tempo. Como foi do teléfono, luz, ponte, concello, etc. ¿Teremos que chegar de novosa iso?

Espero que alguén tome nota.

Juan L. Otero Besada, vecino de A Illa de Arousa.