Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tribuna libre

Vicente Risco e Arturo Noguerol en "La Centuria"

No mes de xuño de 1917, en Ourense marcouse un fito senlleiro na cultura, dado que Vicente Risco e Arturo Noguerol Buján sacaron do prelo o primeiro número da revista neosófica La Centuria, abrindo un futuro literario dourado cuxo cerne e a nosa cidade e Galicia.

Entre xuño de 1917 e xullo de 1918 publicáronse os sete números da revista neosófica La Centuria. Ten a característica de que os textos están en castelán, língua do Estado, excepto a poesia de Noriega Varela, titulada "As florinhas dos tojos". Os seis primeiros números foron editados no obradoiro de Antonio Otero na rúa San Miguel número 15 e o sétimo no xornal La Región.

Sí, Risco e Noguerol Buján foron os creadores e promotores dos dous proxectos literarios sen parangón: La Centúria e Nós, que superaron a crise política e social española e a primeira guerra mundial; ambos ocasionaron as tebras do Occidente europeo.

Noguerol e Risco estiveron unha longa etapa vital alonxados de Ourense: Arturo regresou de Salamanca en 1915 co título de avogado da súa Universidade, mentres que Vicente viviu en Madrid, durante 3 anos voltando en 1917 onde estudou na Escola de Estudos Superiores de Maxisterio. En Ourense acadou a praza de profesor de Historia na Escola Normal de Maxisterio. Non embargante ingresaron en 1918 nas Irmandades da Fala, e no galeguismo: daquela publicaran La teoria do Nacionalismo galego de Vicente, en 1920, e de Noguerol o artigo "La Patra", en 1917. ( La Centúria) e "Parolas sobre a propiedá" ( La Región) en 1918.

Vicente Risco e Arturo Noguerol formaron a sociedade de La Centúria; nela recoñéceselle a condición de "xerentes únicos" como se sinala no artigo "Constitución de la Centuria", aparecido na derradeira páxina do primeiro número. Os colaboradores da revista reuníanse na tertúlia na casa de Risco, no número 47 da rúa Santo Domingo, mentres que a administración se ubicaba en Raiña Victoria 26, casa do avogado e administrador Arturo Noguerol.

La Centuria e a revista Nós están inexorablemente unidas, non só porque os seus promotores [Vicente Risco e Arturo Noguerol] foron os mesmos, así como o plantel común de autores que os acompañaron, principalmente do "cenáculo ourensán". A novidade inteletual de Noguerol e Risco apoiase na liberdade de cátedra, de idearios e modelos literários. Non están atrapados en posturas ideolóxicas preconcebidas.

Moitos personaxes xunguíronse ós proxectos literarios que conformaron La Centuria e a revista Nós, formando parte do "Cenáculo ourensán", reunión de intelectuais no Ourense do século XX: Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas, Arturo Noguerol Buján, ós que se pode engadir Eduardo Blanco Amor, Primitivo Rodríguez Sanjurjo, Antonio Rey Soto e Sebastián Martínez-Risco, entroutros. A súa ampla cultura ampliouse grazas ó prestixioso cadro de profesores do instituto ourensán e dos membros da Comisión Provincial de Monumentos ( Marcelo Macías, Primitivo Rodríguez Sanjurjo, Eduardo Moreno López e Benito Fernández Alonso). A súa mentalidade aberta apoiouse, tamen, en teorias e correntes literarias vixentes no estranxeiro.

En Pronaos, publicado no primeiro número de La Centuria, expuxeron a súa filosofía iniciática: "Los iniciadores de LA CENTURIA quisieron aprovechar en lo intelectual el instinto aventurero de la raza. Esta publicación es, pues, una salida a la aventura. Se trata de romper el ritmo habitual de las ideas ..../...

Por esto ni el arte, ni la ciencia, ni la moral son ya lo mismo que eran para nuestros padres, sino que nació una sabiduría nueva que es nuestra inspiración central, y por esta causa, LA CENTURIA se titula neosófica, esto es, que como revista de nuestro siglo ha de reflejar la nueva ideología que empezaba a dominar el pensamiento euro-americano antes de la guerra.

Los colaboradores de LA CENTURIA, muy diferentes entre si por sus ideas, sus vidas, sus profesiones, grafómanos empero todos ellos, se presentan reunidos por la accidentalidad de haber nacido en el mismo pueblo. Esto, y la casualidad misma a la que se debe la fundación de esta revista, le dan ese aire vaporoso que comunica la intervención pura e incondicionada del Azar que tan extraordinaria significación tiene en nuestra ideología. ?/?.

La casualidad hizo nacer esta publicación neosófica en Ourense. Ourense dista seiscientos kilómetros de Madrid y acaso menos de Nueva York. ?/?. Ourense no tiene nada de cosmopolita ni de típico, de futurista ni de tradicional; muchas casas viejas y ninguna antigua. Pero tiene siete entradas y además nos tiene a nosotros. Este es el preludio, el pórtico de todas las secciones de LA CENTURIA".

Por outra banda, Arturo e Risco tamen foron os máximos colaboradores con importantes artigos. A esencia radica no espírito e liberdade de cátedra, na pescuda doutros idearios, culturas e modelos literarios sen cercenalos, Dalos a coñecer é unha das súas máximas aspiracións e mérito. Non teñen en conta posturas ideolóxicas preconcebidas nin compromiso coa cultura galega en si mesma, aínda que despois o amosaron por outros vieiros. Enfin, conformaron o cerne do galeguismo.

Vicente Risco foi o máximo colaborador da revista La Centúria, dado que o fixo en tódolos seus números excepto no número 4; primeiramente co artigo titulado "Preludio a toda Estética Futura", incorporado como fascículos en seis números e no número 3 coa portada (un "Ex-libris"), aportando outras colaboracións sen firma. É moi probable, ainda que non seguro, que fora da súa autoria "Pronaos", declaración de princípios da revista e noutros textos.

O corpus literario nogueroliano prácticamente comprende o campo do dereito, dereito económico e político, inserido no xornalismo, por iso era considerado como o xornalista, o arbitrista e o financiero do galeguismo. Publicou en La Centuria os artigos "El boicott" , "La patria", "El delito y la pena en las poesías de Curros Enríquez", "La reducción de la jornada". A saber:

En "El boycott" fálanos xurídicamente desta figura, tratando sobre a licitude ou ilicitude do seu emprego dende o prisma dos empresarios e obreiros. En "La Patria", parece ser o primeiro testemuño que se emitiu no "Cenáculo de Ourense" a prol do galeguismo constituirndo a Irmandá Rexionalista d´Ourense o ano seguinte. Apoiouse na súa erudición para pescudar e conceptuar sobre a Patria.. Arturo emociona cando fala da Patria galega. Defende a lingua galega cando di: "A lingua da terra natal é o alimento espiritual das almas".En "El delito y la pena en las poesías de Curros Enriquez", Noguerol volve amosar un profundo coñecemento da literatura galega e das figuras de Rosalía de Castro, Lamas Carvajal, o pai Sarmiento e Pondal. En "La reducción de la jornada" Noguerol amosa unha postura progresista sobre a xornada laboral e a defensa dos dereitos dos obreiros.

Foron moitos os colaboradores de La Centúria, principalmente do Cenáculo ourensán;: Ramón Otero Pedrayo, Primitivo Rodríguez Sanjurjo e Florentino López Cuevillas e Benito Fernández Alonso. Outros escritores ourensans e galegos que aportaron moitos traballos literarios: Sebastián Martínez-Risco Macias, Francisco Álvarez de Novoa, Emilio Amor, Xavier Bóveda, Evaristo Correa Calderón, Benito Osorio, Jesús Soria, Ramón Villarino de Sáa e Antonio Noriega Varela coa poesía "As florinhas do tojo", única aportación en galego.

A neosofía de "La Centuria" compleméntase coa inclusión de traballos de autores estranxeiros: Rabinndrannth Tagore, Gustav Khan, Oscar Wide, Jorge Meredith, Juán Arturo Rimbaud, Mario Roso de Luna e Beta Hérculis.

Coido que con estes antecedentes debe manterse na memoria dos ourensns e galegos as revistas La Centuria e Nós.

Compartir el artículo

stats