A min, que me gusta madrugar e coidar das miñas cousas cada día, e xa que madrugo estou un pouco na cociña e prendo a tele. Un día falaban do Camiño, bonita idea facer o Camiño para desconectar da rutina, para encontrarse coa xente, coa natureza e saber valorar todo o que nos rodea, para aprender a respectar ós demais. Este mundo non o hai mellor se non fora pola maldade deses que para nada pensan nos demais.

Que non vale a pena ser tan interesados nin facerlle mal a ninguén, que todo o temos que deixar. Poida que o que fai o Camiño se antes non sabía aprenda a vivir por amor.

Non cerres o cerco, home traidor, deixa unha porta aberta pola que entre o amor.