Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Unha agulla nun gran pallar

Din que os grandes cambios as veces son necesarios, pero malditos cambios.

Esta fin de semana, pechou as suas portas uns dos locais máis sonoros, máis plurais e con máis calidade do panorama nacional. Durante os 15 anos que permaneceu aberto, este "Bar", alimentou as almas de todos os mortais que precisamos da música como alimento espirutal. Grupos e solistas dos lugares máis remotos do planeta, arribaban nesta pequena aldea de Bueu, para o disfrute dos privilexiados que por alí paraban.

Centos de concertos, centos de horas, centos de artisas, centos de aplausos. Ás veces cheo ata rebentar, as veces practicamente baleiro.

Nunca agradeceremos bastante a labor de Rafa Portela, patrón, maquinista e mariñeiro deste gran navío que foi quen de levar por todolos portos do planeta Terra o nome de Meiro.

E xa non soio as horas de concerto. Eran horas de música semanais, sesións de cine, xogos de cartas, charlas, discusións... Cada quen tiña alí a súa segunda casa, un amigo e as veces psicólogo.

Poderíanse encher as follas de mil libros, pero tócanos a nós transmitir aos que veñen detrás pisando forte, o que foi e o que significou para os que por alí pasamos O LABRANZA.

Compartir el artículo

stats