Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

Utopía

Hei confesarlles humildemente que eu vivo permanentemente perdido nela e de paso dándolle unha volta o romanticismo e a saudade das vellas cousas inútiles.Gústame en demasía a definición da palabra mesma; Utopía: compaxinar o desexo e a necesidade dos nosos soños.

Utopía se deriva do latín Uhtopus que significa: imaxinario o imposible. Nun sentido estrito, o térmo utopía fai referencia á obra de Thomas More, Dê Optimo Rêpûblicae Statu dêque Nova Insula Ûtopia, nela, Utopía é o nome dado a unha illa ficticia na que habita xente cuxa organización política, económica e cultural contrasta en numerosos aspectos coa sociedade inglesa da época, illa idílica, perdida no medio do océano, cuxos habitantes tiñan logrado o Estado perfecto: un Estado caracterizado pola convivencia pacífica, o benestar físico e moral dos seus habitantes, e o disfrute común dos bens.

Con esta obra, More crea o xénero das utopías políticas e por elo en termos máis xenerais a palabra utopía usaríase para referirse a unha sociedade política ideal, con un plan, proxecto, doutrina ou sistema desexables que semellan moi difíciles de levar a cabo, ou ben a representación imaxinativa dunha sociedade futura con características favorables para o benestar común da sociedade,onde o individuo é o centro, a súa razón de ser,e que polo xeral conten unha crítica máis ou menos implícita da sociedade política realmente existente.

Noutro senso, usamos o termo "utópico" para referirnos de modo pexorativo as teorías ou programas políticos que se consideran irrealizables, xa con demasiada naturalidade e mesmo abusando do concepto desprezativo que ten. Aínda que More foi o creador do xénero das utopías, hai narracións clásicas que teñen elementos utópicos e que poden considerarse como precursores do xénero utópico. Destaca A República de Platón, onde se describe unha sociedade idealizada.

Ademais de República, hai outras ideas utópicas anteriores,el jardín de Gilgamesh, la isla de la Inscripción sagrada de Evémero e los mitos de Hesíodo, e outros textos gregos, por certo berce da Democracia,como "Goberno do Pobo" .Outra utopía mais.

A necesidade, o desexo de mundos ideais e perfectos é tan antigo como o ser humano. Nembargante, a invención e descrición deste tipo de sociedades non recibe o nome de 'utopías ata o século XVI. Por elo, non é paragóxico afirmar que existen utopías dende sempre, incluso antes de que se acuñase este nome para referirse a elas.A necesidade de crer no irrealizable resultaría pois consubstancial a natureza do home mesmo.

Utopía logo, é un soño imaxinario e irrealizable.

Dende entón soe considerarse utópico o que, ademais de perfecto e modélico resulta imposible de atopar ou construír, unha existencia feliz nun Estado onde reinan a paz e a xustiza.

Tódalas utopías teñen en común dous resgos: describen sociedades que están fora do mundo, en ningures, e describen sociedades pechadas, sen contaminación exterior, inmóbiles e ferreamente ordenadas.

E o seu obxectivo principal é demostrar que todos os seres humanos sonche iguais. Pero nese empeño se ignora o valor da liberdade individual, valor que foi o que xurdiu con mais forza coas teorías humanistas, durante o renacentismo, en loita permanente co albedrío do home e a súa condición de "lobo solitario", como ben o definiu Rousseau; O home lobo para o home, campo perfectamente sementado para o neoliberalismo que chegaría despois, santa santorum do Capitalismo actual dunha "aldea Global", na que os soños e ansias de liberdade, igualdade e xustiza social, sonche unha tremenda "Utopía".

Compartir el artículo

stats