Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

dende o meu sofá

Silencio!

Presentáronse na residencia de anciáns coa escusa de visitar ás súas propias nais. En canto estiveron dentro asasinaron ao garda de seguridade e comezaron a percorrer tódalas habitacións. Non seu traxecto mataron a oito anciáns e discapacitados e a tres traballadores do lugar. E logo acadaron o codiciado obxectivo: catro mulleres que habían de pagar pola intolerable blasfemia de ser mulleres e cristiás. Anselm, Reginette, Margarita e Judith foron capturadas, esposadas e asasinadas con varios disparos na cabeza. Eran monxas da Caridade, das de Madre Teresa de Calcuta, desas que entregan a súa vida coidando aos máis pobres entre os pobres.

Anselm, Reginette, Margarita e Judith non foron portada de xornal; nin sequera se lle adicaron uns segundos de telexornal. Claro que eran mulleres, e monxas, e a súa vida impórtanos menos ca nada; e o mesmo a súa morte.

Aínda que coido que o peor deste atentado non foi o martirio destas monxas que en liberdade decidiran entregar a súa vida aos demais só por amor; o verdadeiramente detestable é o silencio pretendido, querido e logrado polos medios de comunicación occidentais que deben a súa existencia á "bondade" dos intereses político-empresariais dos poderosos.

Ninguén se escandalizou, ninguén se manifestou, ninguén dixo nada. Nin bandeiras de Iemen (país do atentado) nas fotos de perfil das redes sociais, nin xefes de estado ou de goberno desfilando polas rúas de Saná (a capital), nin minutos de silencio, nin laciños, nin nada polo estilo.

Silencio cómplice. Nós a seguir preocupados por outras cousas namentres moitos homes e mulleres de boa vontade (crentes e non) seguen a dar ou seu tempo, a súa historia e ata a vida, para facer deste planeta un lugar "vivible".

En ocasións como esta un chega a pensar que ao peor tiña razón Umbral cando dicía que "o universo non ten outro argumento que a crueldade nin outra lóxica que a estupidez".

Non sei se os terroristas puideron durmir tranquilos a noite do asasinato; os seus aborregados e aburguesados encubridores occidentais roncamos coma sempre; tranquilos.

Compartir el artículo

stats