Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

Ausencia de futuro

Nos Estados Unidos, existe a certeza de que se despois de catro anos continúas traballando na mesma empresa, é porque non vales para nada, e ningunha te quere, porque se foras realmente bo, xa che terían feito varias ofertas mellores para cambiar de posto. Este sentimento de desarraigo ao final produce nos individuos unha profunda frustración persoal ao carecer de raíces e non ter estima e agarimo pola empresa e o teu traballo nela. A xente é consciente de que vai ter traballo, pero non sabe cal, elo implica unha sensación de baleiro e fracaso no seu proxecto persoal de vida da que o traballo e unha parte moi importante, non podemos esquecer que traballar é un dereito irrenunciable do home.

Esta realidade está a representar a perversión mesmo do sistema produtivo das teorías neoliberales e capitalistas, en definitiva o crac do sistema político e social, o mesmo que abomina do intervencionismo do Estado nos beneficios das empresas e no sistema de mercado cando estes non paran de aumentar, pero que esixe e demanda con urxencia esta intervención dos poderes públicos cando as cousas empezan a ir mal. A vella teoría de que os beneficios son privados e as perdas públicas.

Cando menos sería desexable admitindo como un feito consumado que a precariedade laboral veu para quedarse no noso mercado de traballo, que al menos se tivera a certeza de que se caes no desemprego atoparas outro traballo axiña, aínda que sexan contratos lixo.

Lamentablemente esta espiral na que nos estamos a afundir por mor destes mercados globais da nova economía liberal sen fronteiras nin límites fainos esquecer intencionadamente dos dereitos e beneficios sociais inherentes á clase traballadora adquiridos durante anos de loita sindical, co beneplácito e a complicidade do Estado e os poderes públicos monicreques nas mans dos intereses dos poderosos que están a mover os fíos do mundo, o retroceso que estase a constatar e de tal magnitude que da medo. Non podemos esquecer nin agochar a cachola nun burato por non querer admitir que da precariedade á marxinación tan so hai unha moi débil liña vermella e que se está a rebasar impune e alegremente cada día con máis frecuencia.

Aprender a soportar e convivir co fracaso a ausencia de futuro e a frustración; e vivir día a día tan so no presente vai resultar tarefa nada doado para esta nova xeración de rapaces que chega empurrando forte e que veñen para convivir na carencia de beneficios, dereitos e axudas sociais e laborais, por subsistir nesta nova selva do home lobo, o que me recorda aqueles tempos históricos, de hai xa case dous séculos, previos á revolución industrial.

Compartir el artículo

stats