Polos camiños da vida que pasamos, póñome na reflexión das distintas maneiras de vivir, de pensar e de sentir das persoas coas que nos atopamos na nosa existencia. Sóame isto un pouco á obra de Pedrayo "Os camiños da vida".

Polo que vou intentar estudar baixo algúns puntos de vista este fenómeno, do que quero falar, chamado pluralismo.

Empezando polo aspecto filósofico se entende por pluralismo a posición metafísica contraria ó monismo. Para o pluralismo o mundo, a totalidade, está composto de realidades independientes as unhas das outras, ou ben interrelacionadas. A resposta a indagación afirma non a unicidade, senón a multiplicidade, tanto no cuantitativo -cantidade de entidades-- como cualitativo -diferencia de naturalezas dos diferentes principios-. É dicir, o universo é una realidade composta.

No aspecto relixioso, teolóxicamnete falando, coñécese como pluralismo a posición de que todas as relixións son camiños útiles para chegar a Deus ou á salvación. En xeral os movementos orientalistas expandidos en Occidente mantén esta posición. Por outro lado, algunas doctrinas fundamentalistas consideraron que o pluralismo é unha relativización das propias crenzas; a súa maneira de interpretar a fe parece un antipluralismo. O Concilio Vaticano II replantexou o tema afirmando que o pluralismo relixioso a través do ecumenismo é una resposta válida, consciente e actualizada para os movementos de fe.

Na política, a teoría pluralista do Estado, nun sentido xeral, e o recoñecemento da diversidade. O concepto utilízase, a menudo en diferentes formas, nunha ampla gama de temas. O pluralismo considérase polos defensores da democracia moderna no interese dos cidadáns. É un modelo adecuado de cómo se distribue o poder nas sociedades.

O pluralismo político é un principio que permite a coexistencia pacífica dos distintos intereses, convincións e estilos de vida. Na oposición ó totalitarismo, o pluralismo considera que é imperativo que os membros da sociedade acomoden as súas diferencias mediante a participación na negociación de boa fe. Neste senso o diálogo conducirá á posterior execución do ben común, que é o mellor para todos os membros da sociedade.

Despois de discorrer un pouco no tal concepto, me parece que o pluralismo existe, e, está claro que debe seguir existindo. A diversidade é un elemento esencial para a sociedade. Da riqueza ós cidadáns no seu desenvolvemento persoal e social. Esa riqueza está no respecto ós demais para conseguir unha convivencia féliz. Como sempre, o quid da cuestión non pode ser outro que a formación das persoas. Unha educación baseada nos devanditos principios será a que nos leve ó éxito.