Coido que Xosé Ramón Pena estará dacordo comigo se lles aseguro que algúns membros da miña xeración se sentiron moi implicados na política e guerra de liberación nacional de Alxeria. O mesmo Pena escribiu una novela na que se evocan magníficamente aquelas circunstancias. Penso, pois, que seremos varios (inclúo Alfonso Sobrado Palomares) os que nos preguntemos o por que da facilidade coa cal o partido da revolución, da independencia, do anti-imperialismo e do socialismo árabe gañou as elección en Alxeria estes días pasados. Levaba como candidado un home da miña idade, fisicamente derrubado; pero gañou. - fíxoo con menos abstención electoral que aquela (hoxe esquencida) coa que os galegos castigaron o Poder no referendo da Constitución e no do Estatuto de autonomía monárquico.

Sobre todo, chama a atención que o Imperio non lle montase xa a Buteflika e aos seus unha "revolución" de calquera cor unha praza adecuada da capital, o máis semellan que fose posíbel á de Tianamen. Como o país é árabe, aínda que tamén bérber, e estamos na estación que os trovadores chamaban "temps novel", non hai dúbida de que o manual da contrarrevolución esixía a mención da "Primavera Alxeriana". Por que, pois, a oposición pro-norteamericana e europeísta non se lanzou á revolta e se contentou cuns acenos mínimos de contrariedade? Hai varias oposicións ao histórico FLN: a yihanddista que pensa que o árabe é a lingua de Deus, a tamaghit (fracción cultura pequenoburguesa) que, na herdanza do doutor Aït Ahmed, soña cunha Kabilia laica e norteamericanizada, e a árabe directamente conectada co aparatado de información norteamericano que se move na dimensión misteriosa do "islamismo moderno". Todas elas semellan rumiar a desfeita cun certo amargor, mais sen pasar aos métodos da oposición venezolana e menos á violencia fascista de Kiev.

raro isto. Pensemos que EE UU odian Alxer porque este practica unha política saharaui frontalmente hostil ao grande amigo de Wasington na zona que é Marrocos. Unha explicación grande e outra cativa véñenme á cabeza para o caso. A grande, que o motor dos golpes de estado ("suaves", e non tan suaves, como é o caso de Ucraína) gripóuselle de tanto forzarlle a mecánica. A pequena, que no intre no que Rusia ten a man posta na billa do gas, Alxeria, con (recursos inmensos do mesmo producto, debe ser tratada con moito coidado. O bombardeo de catroporcatros civís con drones é cousa somentes adecuada para aterrorizar o Yemen, un país pobre a sen FLN.