Plan Director: Tarde e mal, como sempre

20.04.2014 | 01:15

Coa promulgación da Directiva Hábitat en 1992, a Unión Europea asumiu como obxectivo fundamental propiciar o mantemento da biodiversidade tendo en conta as esixencias económicas, sociais, culturais e rexionais nun marco de desenvolvemento sostible.

A Xunta de Galicia tardou nada menos que 7 anos en elaborar unha primeira proposta de Rede Natura, tan ridiculamente cativa que tivo que modificala catro veces antes de que fose aceptada en 2004.

Moito máis aló de conformarse que un papel oficial diga que unha zona é Rede Natura, a Directiva Hábitat esixe (dende hai 22 anos) a realización dun plan de xestión específico para os lugares incluidos na Rede e o establecemento de medidas regulamentarias e administrativas, acordes coas esixencias ecolóxicas dos hábitats e as especies incluidos nos anexos da Directiva.

En 2008, os membros do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible recibimos un primeiro borrador do Plan Director da Rede Natura, que logo quedou nun caixón ata que se someteu a información pública en 2011, periodo no cal SGHN presentou as súas alegacións que nunca tiveron resposta malia que o Plan aprobouse hai tres semanas.

Cales foron as consecuencias destes retrasos sen fin? Pois que durante 10 anos os espazos galegos da Rede Natura careceron do imprescindible instrumento de xestión, o cal tivo consecuencias moi perniciosas sobre a conservación de hábitats e especies ameazados, pero tamén sobre os habitantes e o desenvolvemento económico dos pobos incluidos en LICs e ZEPAs pois, ao carecer de ferramentas de planificación, apenas puideron recibir fondos europeos a traverso do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-13 que deberan adicarse a eses fins.

Para colmo, despois desta espera interminable, o Plan Director agora aprobado é francamente pior que o sometido a información pública ata o punto de convertelo nunha mala caricatura dun instrumento de xestión para espazos protexidos.

Pervertindo o espírito e a letra da Directiva Hábitat, a Lei galega 9/2001 (artigo 6) e a Lei estatal 42/2007 (artigo 18), o Plan Director queda supeditado ao que digan os plans sectoriais mineiros, enerxéticos, forestais ou acuícolas, cando LEGALMENTE TEN QUE SER AO REVÉS. Ademais, non incorpora os principios de cautela e precaución na xestión ambiental, deixando moitas actividades no limbo administrativo da decisión discrecional do responsable de turno, que mesmo podería tolerar a destrución de hábitats de conservación prioritaria e de especies en perigo crítico de extinción.

Por último, pero en absoluto menos importante, o Plan Director perpetra o gravísimo erro de desaproveitar unha magnífica oportunidade para apoiar e promover as actividades e os aproveitamentos tradicionais sostibles, que son absolutamente imprescindibles para acadar os obxectivos ambientais e socio-económicos da Rede Natura e para que os habitantes desas zonas sintan na súa calidade de vida que a Rede Natura é tan boa para eles como para a Natureza.

Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

PEDRO DE SILVA

El dolor no nos debe hacer ingenuos

Quien suponga que las respuestas y reacciones ante los criminales...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

Barcelona, ciudad abierta

Todo lo que la capital catalana tiene y debe conservar

 
 

EDUARDO JORDÁ

Lo que haremos las buenas personas

Comportamientos previsibles que siguen a todo golpe del terrorismo

 
 

CAMILO JOSÉ CELA CONDE

Libros sobrevalorados

Un escritor joven, muy prolífico en las redes sociales, ha sacado la lista de diez obras...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine