Novos xuíces do Couto Mixto

 

Xosé González Martínez

Cóntanos Delfín Modesto Brandón, o derradeiro xuíz do Couto Mixto, que agora en corpóreo bronce volve sentar onde tantas veces o fixo en vida: no adro da igrexa de Santiago, que a oríxe dos nomeamentos dos seus antecesores descoñécese. Sen embargo aventura os seus comezos na sospeita de que fosen "por mor do espírito das concordias celebradas polos representantes dos reis de España e Portugal; en varias ocasións eran da competencia exclusiva da S.M. Fidelísima e no seu nome concedíaos a casa de Braganza, enviándolles aos nomeados unha insignia que levaban no cinto como distintivo". O tempo de ocupación destes cargos estaba limitado a tres anos, e rematado este tempo, procedíase á nova elección ou á reelección.
A partir de 1836 a Coroa portuguesa desentendeuse do procedemento e daquela os Mixtos, por iniciativa privada, instauraron un autogoberno democrático. Convocábanse comicios a comezos do ano "na veiga que radica entre os tres pobos a curta distancia dos mesmos", alí -reseña Delfín Modesto Brandón- constituídos por sufraxio absoluto e despois das súas conferencias en grupos, o xuíz era nomeado por aclamación. Estános a definir, pois, un réxime republicano democrático, cos conseguintes mecanismos constitucionais -reprobación e moción de censura- para cesar ao xuíz cando non cumpría co seu deber.
O próximo día 26 do mes que andamos a Asociación de Amigos do Couto celebrará o Día da República do Couto Mixto co nomeamento dos novos xuíces honorarios, que serán asistidos polos "Homes de Acordo", garantes das formalidades establecidas para a ocasión; representantes electos dos tres pobos -Santiago, Rubiás e Meaus-, que custodian cadansúa chave das tres que ten o arcón que garda a memoria de tan vedraia institución xurídico-política.
Hai doce anos que se instaurou a figura do "Xuíz Honorario do Couto Mixto". Un ou varios nomeamentos que recoñecen nas persoas elixidas os seus méritos por teren contribuído a dignificar a singularidade daquel singular territorio arraiano con iniciativas de diversa índole, recibindo os tres elementos da investidura: vara de mando, replica da chave do arcón e título que acredita a súa condición de xuíz honorario.
Este ano recibirán tal distinción varias personalidades: don Manuel Gómez-Franqueira Álvarez, conselleiro delegado do Grupo Coren, pola súa dedicación e entrega na posta en valor da Galicia rural e nomeadamente no Couto Mixto, onde este grupo alimentario ten feita unha aposta decidida e valente, e onde hoxe dá traballo a un número importante de familias; don Xosé Luís Méndez Romeu, Conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, pola xenerosidade demostrada nos asuntos relacionados co Couto Mixto e apoio a distintas accións propostas pola Asociación de Amigos do Couto Mixto; e don Celso Delgado Arce, deputado do Congreso dos Deputados, polo seu cualificado apoio á proposición lexislativa presentada e aprobada nesta Cámara para o recoñecemento histórico da realidade do Couto Mixto, que fomentará o desenvolvemento de diversas accións e iniciativas socieconómicas.
O acto congregará, como sempre, a unha amplísima representación de personalidades da política e da cultura preocupadas pola sorte deste enclave territorial representativo das terras arraianas. Será unha ocasión para reivindicar unha vez máis a aplicación de políticas transfronteirizas que poñan fin ao subdesenvolvemento económico da zona, propiciando como medida urxente a creación dun marco institucional aglutinador dos concellos dun e doutro lado da raia seca semellante ao que xa funciona na fronteira bañada polo río Miño.

Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya