EN DIRECTO

O arcebispo desexado

 

X.L. Méndez Ferrín

Unhas persoas que eu respecto moito comunícanme a súa vontade de traballar en pola elevación aos altares de Manuel Lago González, que fora bispo de El Burgo de Osma e Tui, a súa cidade natal, e brevísimamente arcebispo de Compostela. Confeso a miña simpatía pola figura de Lago González, e agora mesmo venme á memoria a evocación dela fixo hai un ano no pórtico da catedral de Tui e perante unha moitedume maioritariamente non relixiosa o teólogo Andrés Torres Queiruga. Tamén me vén ás mentes o artigo impecábel de X.R. Barreiro Fernández sobre "Igrexa e galeguismo na Historia" (Encrucillada). Os estudantes galeguistas católicos de 1924 rendíanlle homenaxe, con Bouza Brey e Filgueira Valverde á cabeza.
Na miña persoal e mínima historia, Lago González é tamén unha biblioteca de 7.000 volumes que custodia, con catálogo propio elaborado por Bustamante, a Xeral da Universidade Compostelá. Coñecinna moito ben sendo mozo, esta biblioteca que reflecte o pensamento e as curiosidades de Manuel Lago González. Nela, poño por caso, traballei nas primeiras edicións dos nosos Cancioneiros medievais e teño aínda na punta dos dedos os tacto das súas encadernacións e o cheiriño a vellez do pó venerábel que neles se depositou. Aínda este pódeme proer hoxe na pituitaria.
Todas as raices do nacionalismo galego son progresistas e laicas. Na Igrexa Católica case que non existiron tendencias nacionalistas. O clero deste país estivo con todas as causas e apoiou todas as prácticas reaccionarias e anti-galegas da historia dos séculos XIX e XX. O soño dos nacionalistas católicos sempre foi un bispo ou un arcebispo polo menos galeguista. Manuel Lago González, procedente do tradicionalismo ao modo de Brañas ou López Ferreiro, ilusionou aquela xente ben intencionada. Até mesmo Antón Vilar Ponte, republicano e non católico, entusiasmouse cando designaron Lago González como arcebispo da diocese de que Xelmírez lle roubara ao leal Diego Pais. O caso é que o pontificado compostelán do Lago chamado pola "Providencia" a galeguizar o catolicismo eiquí foi fugaz. Mesmo houbo, anísimos máis tarde, quen soñou en Uxío Romero Pose (meu sabio amigo) o arcebispo que sacase a Igrexa Católica galego do error temporal da submisión a España: tamén o doutor Romero Pose marchou para a fría cova sen cumprir a súa misión.
Estes días pénsase en pedir a beatificación de Manuel Lago González e aínda me comentan que outros fieis, de signo político contrario, andan confabulándose para tamén postular a de Leopoldo Eijo Garay. Todo podo ocorrer, pro, se eu fose crente e sendo crente fose precisamente católico, apresuraríame a asumir a causa de Lago González e a combater contra da Eijo Garay nos hipotéticos procesos que Roma lles instruise a ambos. Un, Lago, é San Campio e a beleza dunha terra reconciliada con ela mesma, e, o outro, representa a quintaesencia do nacionalcatolicismo fascista que Franco cargou coma un xugo no noso pescozo de servos galegos.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya