As dúas visitaron o campus de Amherst,Massachusetts, e tamén a Woodberry Poetry Room da Universidade de Harvard, sendo Pato a primera poeta galega que recita versos na nosa lingua nesta emblemática sala. A súa voz quedou gravada o pasado outubro xunto á de autores como T.S. Eliot, Borges ou Kerouac.Fundada no1931, a Woodberry Poetry Room atesoura unha destacada colección de obras de poetas dos séculos XX e XXI, así como gravacións de destacados autores.