Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A lingua de Rosalía, na Woodberry Poetry Room de Harvard

Erín Moure e Chus Pato realizaron unha xira o ano pasado nos EE UU para presentar o poemario "Secession-Insecession" no que a autora canadense, que xa traducira o súa obra "Secesión", engade versos de seu inspirada e en homenaxe á galega.

As dúas visitaron o campus de Amherst,Massachusetts, e tamén a Woodberry Poetry Room da Universidade de Harvard, sendo Pato a primera poeta galega que recita versos na nosa lingua nesta emblemática sala. A súa voz quedou gravada o pasado outubro xunto á de autores como T.S. Eliot, Borges ou Kerouac.Fundada no1931, a Woodberry Poetry Room atesoura unha destacada colección de obras de poetas dos séculos XX e XXI, así como gravacións de destacados autores.

Situada na Biblioteca Lamont de Harvard, o seu escenario foi deseñado polo arquitecto finlandés Alvar Aalto.

Compartir el artículo

stats