Cara a cara

¿Perjudican a Galicia los Presupuestos del Estado?

Entrevista con Lisardo Domínguez Rodríguez, Secretario xeral de UPTA-Galicia. Elena González Sánchez, Pta. Confederación Galega de Veciños y Xavier Vence Deza, Catedrático de Economía Aplicada (USC)

 21:29  
De izquierda a derecha, Lisardo Domínguez Rodríguez, Elena González Sánchez y Xavier Vence Deza
De izquierda a derecha, Lisardo Domínguez Rodríguez, Elena González Sánchez y Xavier Vence Deza Xoán Álvarez

La publicación del anteproyecto de Ley de Presupuestos Generales del Estado ha provocado, como casi siempre, una polémica sobre si son o no justos para Galicia. En esta ocasión con dos elementos que los hacen aún más discutidos: de una parte el descenso, primero en una década, del dinero destinado a inversiones en esta comunidad y, segundo, por el incremento de impuestos que, según muchos, perjudicará sobre todo a las clases medias bajas, que son precisamente las que más gallegos incluyen. Para debatir sobre ello FARO sentó, cara a cara, a un experto, catedrático de Economía, a un representante de los autónomos, colectivo especialmente afectado, dicen, y a una destacada dirigente del movimiento vecinal.

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS -???SANTIAGO Los políticos gallegos discuten estos días el anteproyecto de Ley de Presupuestos Generales del Estado para 2010 y, salvo los del PSOE, todos los demás los consideran insuficientes o perjudiciales para Galicia. Ustedes, que no son profesionales de la política, ¿qué opinan?

–Lisardo Domínguez. En general, y vistos desde el colectivo de autónomos, no parece que sean favorables. Los autónomos somos ya una especie en riesgo, casi al borde de la extinción, y por lo tanto nos da igual a estas alturas por donde caiga. Y digo esto sustentado en una base considerable: de estos Presupuestos, lo que más llama la atención, es la subida de los imopestos, a la gente corriente. Todos estamos de acuerdo en que hay que pagar impuestos, pero a la vez comprobamos que siempre le toca el esfuerzo a los mismos. Y el comentario general es que hay a quienes se ayudó con dinero público, pero que ahora presumen de ganar no sé cuántos millones. Y a un ciudadano normal eso le subleva.

–Elena González. Eu comenzo por solidarizarme co dito polo compañeiro representante dos autónomos; moitos dos nosos afillados sono e é verdade que constitúen o sector social máis desamparado polos gobernos que teñen sido, cecais ata a chegada do Estatuto con este, pero que aínda está sen desenvover nunha grande parte. Falando de Galicia, sabemos que estamos en crise e os cidadáns en xeral somos solidarios e entendemos a crise e que hai que facer esforzos colectivos para superala. Pero hai moi pouca inversión, pouca de máis. E quero referirme especialmente a un aspecto cecais menos sonoro: o tema do alonxamento de feito entre Galicia e Portugal. E isto, dende Vigo, é inaceptable.

–Xavier Vence. Eu diría que con carácter xeral, estes Presupostos son os primeiros nos que realmente se nota de forma clara a crise. Os do ano pasado foron elaborados nun contexto onde estaba rondando, pero non se incorporou ao deseño. E que son os primeiros de crise nótase no capítulo de gastos, por exemplo, nun incremento importante do déficitt, da débeda pública que se prevé, e que se fai un intento de que ese incremento do gasto non se faga só pola vía da débeda, senón pola do aumento de ingresos vía impostos. E debo engadir que na miña opinión estes son os Presupostos da crise, pero non para saír dela. Non son os que realmente sentan as bases dunha superación dese contexto de crise.

Hay quejas específicas, muy concretas...

–L. Domínguez. Me gustaría recordar que aquí casi un ochenta por ciento de pymes y micropymes son unipersonales con lo que algunas previsiones relativas a beneficios por creación de puestos, etcétera, no nos afectan para nada ni nos benefician en la realidad. Porque ya es el colmo que se nos reclame a nosotros que creemos trabajo, o al menos que lo mantengamos, en esta situación. Y si pensamos que un19 por ciento del PIB lo mueven los autónomos, cabe preguntarse qué mal le hemos hecho a este país, que hacemos para merecer esto, para que se nos trate así, gobierne quien gobierne, que esa es otra.

–E. González. Hai expertos que poderían esmiuzar con máis datos e coñecementos as contas do Estado e a súa repercusión en Galicia, pero nós, no movimento veciñal, botamos de menos o tema da seguridade, un aspecto que para as organizacións cidadáns é clave e ademais prioritario e no que levamos moito tempo reclamando actuacións decididas. E curiosamente, baixa a inversión e non hai cartos para crear a policía de proximidade, de barrio, que é fundamental para nós. E neste aspecto a desigualdade é maior no sur galego, dito sen localismos; hai outras zonas con máis medios e máis atención,

–X. Vence. Dende o punto de vista dos ingresos creo que se corre o risco de perder a oportunidade de facer unha reconsideración do sistema fiscal impositivo, que se retocou varias veces nos últimos anos nun sentido bastante pouco eficiente e basrante inxusto efectivamente con sectores sociais, os autónomos e máis os asalariados, que ao longo dos últimos catorce anos aturan o peso. En cambio houbo nese mesmo periodo un continuo goteo de medidas tributarias que deixaron fóra de esforzos maiores, fóra da presión, a un determinado tipo de rendas que son as que manexan as grandes fortunas.

Se ha hablado de demagogia en esas críticas...

–L. Domínguez. Demagoxia? Que demagoxia? Dende logo non existe cando dicimos que os autónomos saímos perxudicados por dobre vía: como traballadores por conta propia e como consumidores. O que temos que reprocharlle a este goberno de xeito especial é que, malia ao que ten dito, os ricos seguen a ser ricos e cada vez máis, e por enriba sen ser molestados por Facenda. E iso é, á parte de inxusto en xeral sempre, máis aínda cun goberno socialista, que ademais ten axudado a grandes bancos, eléctricas, etcétera, esquecendo á meirande parte dos cidadáns, incluíndo aos moitos millóns que lles votan.

–X. Vence. Coido que non é demagóxico falar das grandes fortunas porque cada vez máis a proporción da tarta económica que manexan un grupo reducido de familias crece de xeito moi elevado. Este era o intre en que se debería acometer unha reconsideración das refornas dos anos anteriores e poñer sobor da mesa unha reforma integral do sistena tributario para non seguir tirando das rendas das clases medias e baixas, xa moi castigadas, e tentar ir pola senda dun certo equilibrio. E non hai puntes nesa dirección, senón ao contrario: o do IVE é moi negativo, efectivamente,para as clases populares, as pymes e o comercio,

–E. González. Quero dicir que iso da demagoxia é só unha excusa. Dende o movimento veciñal galego, estes Presupostos son decepcionantes e, ademais, para nós, son inxustos. Porque se esperaba moito máis deles, en primeiro lugar, e era unha ocasión para facer algo máis de xustiza, á parte de que o propio Goberno dixo que serían un espello de que o esforzo maior iría aos que máis podían, e é ao revés. Para Galicia especialmente, no son só polo dos investimentos, senón porque o incremento impositivo significa, como xa se ten dito aquí, un esforzo maior para os que teñen as rendas ou medias ou baixas.

El Gobierno destaca las partidas sociales.

–L. Domínguez. Aquí hai un problema que pouco ten que ver coa xustiza e sí con certa picardía: fálase da subida do IVE e hai xa xente que subíu as súas tarifas, os prezos. Eu mesmo fun o outro día a un determinado establecimento ao que acudo cada certo tempo e o que custaba dez euros agora xa subíu a once. Política social? É certo que hai partidas importantes, pero os danos, os perxuizos, van ser para o comercio, o transporte e o turismo, por exemplo, e iso non é precisamente apoio social.

–E. González. Hai un dano evidente, e tamén no social. Convén lembrar que o nivel salarial de Galicia está bastantes puntos por debaixo da media de España,o que fai que tamén a pensión media sexa peor. E se aquí hai eses parámetros quere dicir que se nos perxudica máis ca outros que teñen eses niveis mellores. Haberá que ver que din os Orzamentos galegos, pero de momento esa cuestión é moi preocupante para moitos cidadáns, todos eles integrantes das clases chamadas populares, pymes, etcétera.

–X. Vence. Hai un esforzo por manter o gasto social, efectivamente, aínda que é derivado da perentoria necesidade de non deixar ao pairo a un colectivo crecente que está a quedar sen emprego. Ese incremento do gasto social non é unha aposta, é unha necesidade perentoria. Noutros capítulos non hai aumentos, senón redución; sanidade, educación e I+D+i, por exemplo. Aínda que se fala moito de que estes Presupostos son para cambiar de modelo, ese cambio non está, non se percibe no conxunto das previsións.

¿Son justos los Presupuestos?

–E. González. Justos? No me gustaría terminar este debate sin hacer referencia a otro de los asuntos que el movimiento vecinal tiene como prioritario. Me refiero al de la dependencia, que en Galicia, por razones de dispersión y de media de edad, resulta especialmente importante. Parece increíble que se planteen así las cosas, siquiera por una razón de coherencia. ¿Se levantaron muchas expectativas? Es posible, pero de eso no son responsables más que quienes las crearon. En falso además, por lo que se ve ahora.

–X. Vence. O investimento territorializado para Galicia baixa, aínda que podemos decir en termos relativos que non é unha baixa das máis importantes: somos das comunidades autónomas que menor redución de investimento padecemos, en parte porque hai grandes obras plurianuais en marcha. Pero tampouco hai unha aposta clara polo país, por acelerar esas estruturas. Para o AVE hai unha partida importante, pero eu son dos que cren que hai cousas claves para o país, e non as vexo. E non vexo unha idea común noutro asunto, os aeroportos, que se manexan cada un polo seu lado, repito que sen idea de país.

–L. Domínguez. Ás veces fálase de inxustiza ou xustiza, e iso é complexo porque hai moitas opinións. Pero se estamos a lembrar, como xa dixemos, que as grandes fortunas están case fóra, e en troques as empresas medianas e pequenas cargan coa presión, haberá que dicir que estes Presupostos son inxustos. Eu teño que dicir, porque afecta moito ao colectivo que represento, que o inxusto é que non carguen coa crise, senón todo o contrario aos que en definitiva son quen a provocaron.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya