Aí vén o Maio cargado de flores

A celebración de festas como Os Maios reivindica o importante papel das escolas como salvagardas das nosas tradicións culturais

O alumnado do SEI San Narciso de Marín cantou Os Maios o 1 de maio na praza da vila.

O alumnado do SEI San Narciso de Marín cantou Os Maios o 1 de maio na praza da vila. / SEI SAN NARCISO

R.V

Calas, margaridas, fiúnchos. Durante unha semana enteira estivo facendo acopio de todo tipo de flores o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria do SEI San Narciso de Marín para festexar ‘Os Maios’ como merecen. 

Unha das efemérides máis arraigadas no concello que conmemoraron xunto con outros centros educativos, asociacións veciñais e entidades locais o pasado 1 de maio na praza da vila. 

Non faltaron alí as cantigas nin as emblemáticas estruturas florais propias destas datas. 

Unha festa con décadas de historia en Marín e coñecida como O Maio da Bruxa, precisamente polas cabezas de bruxas que rematan estas pezas manuais, a diferencia do que acontece na maior parte da comunidade, onde se opta por coroas. 

Alumnado, familias e corpo docente do SEI San Narciso de Marín prepararon durante toda unha unha semana as súas estruturas florais para conmemorar os Maios, unha festa con moito arraigo no concello de Marín na que se xuntaron con outros centros educativos o pasado 1 de maio.

Alumnado, familias e corpo docente do SEI San Narciso de Marín prepararon durante toda unha unha semana as súas estruturas florais para conmemorar os Maios, unha festa con moito arraigo no concello de Marín na que se xuntaron con outros centros educativos o pasado 1 de maio. / SEI SAN NARCISO DE MARÍN

De avós a pais, de pais a fillos

“O concello quere manter esta tradición e, desde o centro, levamos moitos anos colaborando para que non se perda”, comenta Marcos Márquez, titor de 5º de EP e coordinador do proxecto Faro da Escola no colexio, que da conta de como hai xa pais e nais que teñen fotos de cativos celebrando os maios e, agora, ven como o fan os seus fillos. 

Protagonista indubidable deste mes, a celebración dos maios nos centros pode considerarse un exemplo paradigmático do papel que están a xogar as escolas como salvagardas das nosas tradicións culturais

Alumnado, familias e corpo docente do SEI San Narciso de Marín prepararon durante toda unha unha semana as súas estruturas florais para conmemorar os Maios, unha festa con moito arraigo no concello de Marín na que se xuntaron con outros centros educativos o pasado 1 de maio.

Alumnado, familias e corpo docente do SEI San Narciso de Marín prepararon durante toda unha unha semana as súas estruturas florais para conmemorar os Maios, unha festa con moito arraigo no concello de Marín na que se xuntaron con outros centros educativos o pasado 1 de maio. / SEI SAN NARCISO DE MARÍN

Ferramentas chave para o desenvolvemento integral da rapazada e aliadas do intercambio interxeracional, as tradicións axúdannos a conectar con outros e co noso pasado, dando sentido ás nosas vidas e dotándonos de identidade e memoria. 

Unha festa, a dos Maios, que, ademais de a nosa historia, tamén nos permite achegarnos a nosa contorna e a flora local; e na que, a través das cantigas típicas destas datas, o alumnado tamén se familiariza coa crítica social, a retranca, a argumentación ou o espírito crítico.

Os primeiros exemplares chegan á redacción!

Reportaxes, entrevistas, noticias. En galego, castelán e mesmo inglés. Da conmemoración das efemérides ás pezas de fondo: pola inclusión, pola igualdade e por seguir impulsando a conexión familia - centro como piar do desenvolvemento das persoas. 

Cada ano volvédelo facer: os participantes de Faro da Escola chegades con novas ideas, preguntas inimaxinables, historias locais de primeira para volver demostrar que é certo: nada mellor que a mirada curiosa e honesta dun neno para ilustrar as características esenciais dun bo xornalista. 

Xa chegaron á redacción os periódicos da maior parte dos 56 centros desta novena edición do certame escolar e non podemos facer outra cousa que felicitarvos porque deixáchesnos coa boca aberta e sobre todo:a mente esperta, con ganas de ler e ler sen parar. 

Shhhh! Gardádenos o segredo: pero os xornalistas do FARO xa están a ler as vosas propostas para inspirarse. Non sería a primeira vez, nin a segunda, que as vosas historias pasan directamente dos vosos exemplares direitiñas ao periódico da cidade. 

Parabéns polo traballo e o esforzo porque, vendo o resultado, queda claro que vagou a pena. Agora só queda esperar o veredicto do xurado para reunirnos na gala do 13 de xuño.