campo do fragoso

Unha lección de Paco Herrera

14.09.2015 | 08:13
Paco Herrea en Balaídos // R. Grobas

Paco Herrera é un dos adestradores que deixou máis pegada na bancada de Balaídos. Abondáronlle apenas dúas tempadas e media, incluídas a da final perdida do play-off e a do último ascenso tras cinco tempadas en segunda, para converterse nunha figura querida e respectada pola bancada celeste que o considera un referente celtista de honestidade e un dos impulsores máis afoutos da incorporación da xente da canteira ao primeiro equipo. Non esquezamos que con el consolidáronse nas aliñacións do Celta xogadores da casa como Aspas, Hugo Mallo, Túñez, Roberto Lago e Jonathan Vila, ao tempo que incorporou con continuidade ao primeiro equipo a Álex López e aos porteiros Sergio Álvarez e Yoel, ademais de facer debutar na súa tempada en primeira a rapaciños como Jonny Castro e Santi Mina, mesmo cando este xogaba no equipo xuvenil. Unha aposta pola canteira continuada por Luís Enrique que, porén, semella diminuída tras a chegada ao banco de Berizzo. A ninguén debe estrañar, pois, o agarimo e gratitude co que Paco Herrera foi recibido en Vigo no último partido de Copa, repetido na tarde de onte na visita dun intenso As Palmas.

Un recoñecemento da bancada a Herrera que semella contaxiou negativamente ao Celta que contando con dous goles de diferenza nos primeiros dezaoito minutos e xogando en superioridade numérica, tras a expulsión aos once minutos de Javi Varas (outro xogador querido en Balaídos), estragou o seu liderato nun partido decepcionante onde foron máis decisivos para a táboa de marcas os seus deméritos defensivos que a teimosa vontade dos canarios de evitar a derrota.

E iso que o Celta comezara o partido coma un trebón decidido a pasar canto antes por diante da veteranía e habilidade dos dianteiros canarios. Dispoñendo da mobilidade electrizante do tridente marabilla (Orellana, Aspas, Nolito) e contando cunha maior implicación de Tucu Hernández como enganche, os minutos iniciais foron de auténtico xogo de salón, onde cada ataque aventuraba a chegada inminente do gol. No minuto once repetiuse a xogada que resultara decisiva fronte ao Raio Vallecano, neste caso protagonizada por Aspas que tras unha grande asistencia de Fontás foi derrubado polo porteiro cando encaraba xa en solitario a portaría. O claro penalti foi executado de forma inapelable por Orellana. Con aquel xogo de salón e coa repetición da superioridade por terceiro partido consecutivo, unha marca difícil de igualar, o partido semellaba deses de cantar a rianxeira. Mais aínda cando cinco minutos despois Wass marcou o segundo tanto tras unha apertura excelente de Iago Aspas sobre Orellana.

Porén, o Celta non soubo xestionar semellante vantaxe e entregou o control do partido cando os canarios marcaron o seu primeiro tanto, tras a primeira das cantadas da defensa céltica nunha tarde horrible para ela. Con este gol de Araújo, o Celta rompeuse coma se dun tigre de papel se tratase, incapaz de tirar partido da guerra de caneos aos que os canarios foron sometendo aos galegos nun espectacular labor de desgaste.

Coa reanudación, volveu o trebón de entusiasmo celeste. Pasados tres minutos, Nolito aproveitou outro espectacular condución de Aspas. Co 3-1 semellaba o partido liquidado, mais non foi nin moito menos así. Outra intermitencia defensiva celeste permitiu que un balón lateral á area fose introducido en propia meta por Hernández. Un gol que acurtaba distancias e metía aos canarios de cheo no partido. Foi entón cando para os celestes o medo mudou de bando. Berizzo introduciu a Guidetti intentando recompoñer un equipo esgazado no medio campo, mais Herrera moito máis pillo xa conseguira convencer aos seus de que era posible o empate, que chegou con outra perda de balón dos nosos, e mesmo a posibilidade dunha heroica remontada. Os minutos finais foron dun emocionante intercambio de golpes e contragolpes. É certo que Nolito puido marcar de falta directa, mais tamén o é que os canarios estragaron dúas contras con vantaxe numérica. En definitiva, un empate xusto e outra lección de Paco Herrera, un adestrador capaz de que os seus equipos nunca se dobren.

stylename="070_TXT_dep_dcl_03">bretemas@gmail.com

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Celta de Vigo

J. M. Roldán, "Pepín".
El é o celtismo e o seguirá sendo alá onde estea

El é o celtismo e o seguirá sendo alá onde estea

O Presidente da Federación de Peñas do Celta de Vigo lembra a un dos afecionados do club máis...

La despedida de Chelo Díaz: "Ha sido inolvidable vestir la camiseta del Celta"

La despedida de Chelo Díaz: "Ha sido inolvidable vestir la camiseta del Celta"

El chileno dedica unas palabras de agradecimiento a sus compañeros, a personal del club y a la...

Marcelo Díaz abandona el Celta tras año y medio en Vigo

Marcelo Díaz abandona el Celta tras año y medio en Vigo

El jugador se despidió de la plantilla antes del entrenamiento de hoy

Liga 2017/2018: ¿Cuándo se juega el Espanyol - Celta de Vigo ?

Liga 2017/2018: ¿Cuándo se juega el Espanyol - Celta de Vigo ?

El estadio del club catalán albergará el cruce el lunes 18 de septiembre a las 21 horas

Cambio de estilo con el mismo once

Cambio de estilo con el mismo once

Unzué presentará en el debut liguero un equipo casi idéntico al del curso pasado - La baja de...

El Sporting insiste con Álex López

El Sporting insiste con Álex López

Paco Herrera piensa en el céltico para completar el centro del campo de los gijoneses

Deportes

Samuel Sánchez ha sido apartado de la competición.
Samuel Sánchez, sobre su positivo: "Una sorpresa total, no me lo puedo creer"

Samuel Sánchez, sobre su positivo: "Una sorpresa total, no me lo puedo creer"

"Tengo 39 años y estoy a punto de retirarme, ¿para qué me iba a meter en esto?", se pregunta el...

Samuel Sánchez da positivo por dopaje

Samuel Sánchez da positivo por dopaje

El ciclista asturiano ha sido apartado de la competición y no disputará la Vuelta a España

Los favoritos para la Vuelta: Froome, Bardet, Contador...

Los favoritos para la Vuelta: Froome, Bardet, Contador...

El ciclista británico, vencedor del último Tour, es el rival a batir de la nueva edición de la...

Rafa Nadal se estrena en Cincinnati con un cómodo triunfo ante Gasquet

Rafa Nadal se estrena en Cincinnati con un cómodo triunfo ante Gasquet

El manacorí, primer cabeza de serie, pasa a octavos tras resolver el encuentro por 6-3 y 6-4

El lance entre Ramos y Messi que no pasó desapercibido

El lance entre Ramos y Messi que no pasó desapercibido

El capitán del Real Madrid tuvo un feo gesto con el argentino cuando el partido estaba decantado

Rafa Sáez: "La competición va a ser este año más exigente"

Rafa Sáez: "La competición va a ser este año más exigente"

El equipo vigués inicia la temporada en A Malata ante el Racing de Ferrol


Buscador de deportes

Enlaces recomendados: Premios Cine